Posts filed under 'Mondariz Balneario'
Louzán estudará as propostas do alcalde de Mondariz Balneario para o Plan de Investimentos 2009-2011 da Deputación
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, reuníuse esta mañá co alcalde de Mondariz-Balneario, José Antonio Lorenzo, na Casa do Concello desta localidade. Nesta xuntanza Lorenzo trasladoulle ó presidente unha serie de peticións en relación co plan de investimentos 2009-2011 da Deputación neste concello. (máis…)
Add comment 07/10/2009
A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas
A Asociación Forestal de Galicia organiza os vindeiros 9 e 10 outubro en Ponteareas un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas. (máis…)
Add comment 07/10/2009
Mondariz Balneario acollerá a I Gala dos Premios ó pequeno comercio
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o deputado provincial, Carlos Silva, presentaron este serán as axudas a agrupacións de comerciantes para o ano 2009 que estarán destinadas a asociacións e federacións de comerciantes, centros comerciais abertos e urbanos, que beneficien a pequenos comerciantes e desenvolvan a súa actividade na provincia, e os Premios ó Pequeno Comercio, que este ano celebrarán a súa primeira edición. (máis…)
Add comment 03/10/2009
A Escola de Canteiros convoca 20 bolsas de estudos dotadas con 1.000 euros cada unha
A Escola de Canteiros convoca para este novo curso 20 bolsas de estudos dotadas con 1.000 euros cada unha. Poderán optar a estas axudas aqueles alumnos que xa estean matriculados na Escola pero tamén calquera persoa que resida actualmente na provincia de Pontevedra. (máis…)
Add comment 03/10/2009
A Fundación Mondariz Balneario e a Real Academia Galega colaboran na recuparación da memoria histórica de Mondariz
O Presidente da Fundación Mondariz Balneario, Javier Solano Rodríguez-Losada, e o Arquiveiro Bibliotecario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos, en representación do Presidente da Real Academia Galega, asinaron esta mañá na Coruña un convenio de colaboración para a recuperación da memoria histórica de Mondariz Balneario. (máis…)
Add comment 01/10/2009
Presentación do MÍVICO´09 na FNAC da Coruña
O Xoves 1 de Outubro as 19:30 h. o MÍVICO’09 presentará na FNAC de A Coruña a súa programación que,do Venres 2 ata o Domingo 4, tinguirá Ponteareas co millor do panorama audiovisual internacional. (máis…)
Add comment 01/10/2009
As UXFOR de Galicia reuniránse o vindeiro 25 de outubro
O pasado sábado 26 de setembro, convocadas por persoas representantes da Uxfor “Fonte das Meigas” en Arcos, concello de Chantada, reuníronse as comisións de propietarias e propietarios das Uxfor, “ás que a Consellaría do Medio Rural abandonou tras rachar cos compromisos que asinaran co anterior goberno”. (máis…)
Add comment 01/10/2009
Louzán anuncia a creación da primeira oficina provincial de consumo en Galicia
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a Directora do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, asinaron esta mañá o convenio que vinculará as dúas institucións no desenvolvemento dun proxecto conxunto para a mellora dos servizos de atención o cidadán, por valor de 75.000 euros. (máis…)
Add comment 01/10/2009
A Real Academia Galega e a Fundación Mondariz Balneario asinarán un convenio de colaboración para a recuparación do material literario de Emilia Pardo Bazán
A Real Academia Galega e a Fundación Mondariz Balneario asinarán, o vindeiro mércores 30 de setembro, un convenio de colaboración para a recuperación e publicación de todo o material literario relacionado con Emilia Pardo Bazán e Mondariz. (máis…)
Add comment 29/09/2009
A FEG denuncia que a tala de ameneiros vai empeorar a saúde do río Miño
A Federación Ecoloxista Galega lamenta o “nulo respecto polos ríos amosado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, alén de diversos concellos do Ribeiro”. (máis…)
Add comment 25/09/2009

