Posts filed under 'Mondariz Balneario'
A Consellería de Traballo destinará este ano 500.000 euros a promover a creación de emprego no agro galego

A Consellería de Traballo achegará este ano un total de 500.000 euros para promover a creación de emprego no agro galego. Así se contempla na orde que vén de publicar o Diario Oficial e Galicia e na que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias. Un dos obxectivos primordiais desta medida é incidir na incorporación das mulleres e dos mozos ao campo como base para o desenvolvemento futuro da actividade agraria. (more…)
Add comment Mayo 27, 2008
Vídeo da presentación da tempada 2008 do Club Ciclista Ponteareas Expert-Aguas de Mondariz
Add comment Mayo 23, 2008
O circuito da revista Lady Golf visita novamente Mondariz Balneario
Trala proba inaugural en Barcelona, o III Circuíto da Revista Lady Golf visita por segundo ano consecutivo o Golf Balneario Mondariz. E como non podía ser doutra maneira, as inscricións para disputar a proba galega do Circuíto feminino amateur máis exclusivo xa están cheas. (more…)
Add comment Mayo 20, 2008
A Deputación organizará concursos comarcais de Bandas de Música
A Deputación de Pontevedra aprobou onte a celebración dos primeiros concursos zonais de bandas de música que terán lugar o 5 de xullo en Deza, o 6 en Pontevedra, o 12 en Vigo, o 19 na zona sur e o 20 no Salnés. (more…)
Add comment Mayo 8, 2008
O presidente da Deputación, Rafáel Louzán, presentará en Mondariz Balneario a reedición do libro de Ramón Cabanillas, ‘Romaxe da Franqueira’
Mañá venres 9 de maio ás 20,30 na casa-concello de Mondariz-Balneario prsentarase a reedición do libro de Ramón Cabanillas “Romaxe da Franqueira”, polo Presidente da Deputación de Pontevedra. A xente que asista vaíselle agasallar cun exemplar do libro. Tamén será a reunión do Vieiro da Franqueira polos 8 concellos. Nesta reunión tratarase a solicitude do concello de Salvaterra do Miño de asociarse no Vieiro.
Ademais, o luns 12 de maio é a festa das Pascuillas da Franqueira e este ano irá coma romeiro o Presidente da Deputación. Así mesmo, o martes 13 de maio, ás 12,30 horas, na Casa das Palabras de Vigo (Verbum) inaugúrase a exposición do Vieiro da Franqueira.
Add comment Mayo 8, 2008
A exposición fotográfica ‘Sida, a outra cara da fame’ chega ao centro comarcal da Paradanta
Acción contra a Fame trae ao Centro Comarcal da Paradanta unha exposición fotográfica co fin de amosar e facer chegar a todos os rincóns o alcance desta praga do século XXI, o SIDA.
Aínda que o número de afectados en todo o mundo segue crecendo de maneira global, é nos países máis pobres onde esta pandemia mata cada día a máis xente. Dos 42 millóns de enfermos que se contabilizan no planeta, o 95% está no Terceiro Mundo. (more…)
Add comment Mayo 2, 2008
A Deputación de Pontevedra celebrará o 7 e o 8 de maio unhas xornadas para debatir a situación actual do urbanismo dende a óptica local
A Deputación de Pontevedra celebrará os vindeiros 7 e 8 do vindeiro mes de maio as V Xornadas de Urbanismo da institución proivincial, concebidas como un Foro de Debate sobre a situación actual do urbanismo en Galicia dende a óptica local. (more…)
Add comment Abril 18, 2008
O Plan Agrupado de Formación Continua celebrará de maio a setembro 57 cursos para persoal da Deputación e dos concellos da provincia
O Plan Agrupado de Formación Continua para o primeiro semestre de 2008 realizará entre maio e setembro 57 cursos formativos dirixidos ó persoal da Deputación, dos Concellos adheridos ó plan, 57 dos 62 que conforman a provincia, e tamén dos traballadores do ORAL. (more…)
Add comment Abril 8, 2008
As casas do rural xa non teñen as chaves nas portas

Os veciños dos rural xa non deixan as chaves nas portas e iso é un feito que se pode constatar dando un pequeno paseo polas aldeas nas que, xa case tan só, viven os nosos maiores. (more…)
Add comment Abril 4, 2008
A Cámara de Comercio de Mondariz Balneario analiza en Ponteareas a reforma do Plan Contable
Dende o 1 de xaneiro está en vigor o novo Plan Xeral de Contabilidade, que substitúe ao do ano 1990. O troco que supón é considerable, xa que trata de buscar a converxencia da normativa contable española coas Normas Internacionais de Contabilidade. Este plan afecta a moitos aspectos do día a día na empresa, tanto na fiscalidade como na análise de balances. Dende esta óptica, a oficina da Cámara en Mondariz-Balneario organizou un seminario para o vindeiro 2 de abril en Ponteareas sobre a actualización que supón a reforma contable na empresa. (more…)
Add comment Marzo 26, 2008



