Posts filed under 'Mondariz'

Turismo Rías Baixas distingue a varios establecementos turístico-hosteleiros da comarca co distintivo de Calidade Turística en Destinos

Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra foi pioneira a nivel nacional ao implantar o Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) no ámbito provincial. Neste sentido, o organismo da Deputación leva desde 2005 realizando un Plan de Calidade Turística cuxa terceira fase rematou onte  coa entrega dos distintivos do SICTED a 81 empresas da provincia de Pontevedra. Entre estas empresas están Vinosobroso de Mondariz, a casa de turismo rural Escribana de Torgo da Cañiza, o Pazo de Almuíña en Arbo, o Museo do Viño e da Lamprea ARABO en Arbo e a oficina de turismo de Ponteareas. (more…)


Add comment Julio 11, 2008

A Escola de Música Municipal de Mondariz celebrou o festival fin de curso

A Escola de Música Municipal de Mondariz celebrou o fin de curso cun festival o pasado sábado 28 de xuño. As actuacións desenvolvéronse ó longo de todo o día. (more…)


Add comment Julio 4, 2008

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Mondariz anuncia as actividades de verán

A Oficina de Información Xuvenil do concello de Mondariz organiza un campamento de verán para nenos de entre 4 e 12 anos de idade dende principios deste mes ata o 31 de agosto. O campamento será de 10:30 a 13:30 horas no edificio da escola de música de Mondariz, antigo colexio Pé do Muíño. A cuota para todo o campamento será de 25 euros por mes. (more…)


Add comment Julio 3, 2008

A escola de música de Mondariz celebra o fin de curso cun festival

A Escola de Música Municipal de Mondariz celebra o fin de curso cun festival este sábado 28 de xuño. As actuacións terán lugar ó longo de todo o día. Destes xeito ás 11 da mañá comezarán os alumnos de música e movemento con cancións e danzas seguidos do coro de voces brancas, que darán paso ás 12 horas aos grupos de vento madeira, vento metal e percusión. (more…)


Add comment Junio 27, 2008

O Centro Comarcal A Paradanta acolle un curso sobre como combater pragas e enfermidades na agricultura

O Centro Comarcal A Paradanta acolle hoxe venres 27 de xuño un cursiño gratuito titulado “Combater pragas e enfermidades na agricultura”. Este cursiño impartirase de 16:00 a 20:00 horas no centro comarcal. Para inscribirse débese chamar ao 986.66.33.29 ou por correo electrónico ccparadanta@comarcasdegalicia.com
Os organizadores avisan que é importante que os participantes aporten mostras de plantas, insectos, etc… que queren coñecer. (more…)


Add comment Junio 27, 2008

O BNG de Mondariz presenta suxestións ao documento de Avaliación Estratéxica do PXOM

O BNG de Mondariz presentou suxestións ao documento de Avaliación Estratéxica do PXOM que está a exposición pública en internet ata o 30 de xuño. Ademais, os nacionalistas animan ás asociacións do concello a presentar as súas ideasxa que aseguran que a riqueza ambiental do concello é das máis importantes de Galiza. (more…)


Add comment Junio 26, 2008

Cultura reparará nove pontes históricas en 2009 e 2009

A Consellería de Cultura reparará nove pontes históricas en 2008 e 2009 dentro dun plan de recuperación no que xa se investiron 1.378.000 euros. (more…)


Add comment Junio 26, 2008

Durán e Alén reciben a máis de cen persoas de Ponteareas, Salvaterra e Vigo no Pazo da Deputación

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán e o deputado provincial, Julio Alén, recibiron no Pazo Provincial a 110 integrantes das asociacións de xubilados de Vigo, Mulleres Rurais Tempo Gañado de Salvaterra de Miño e Mulleres Rurais de Teo e de Ponteareas, que participaron na vixésimo segunda xornada das rutas do programa «Coñece a túa provincia» que promove a Deputación de Pontevedra. (more…)


Add comment Junio 17, 2008

A Deputación expropia 315 metros cadrados nas obras de remate da E.P. 4303 Mondariz-Meirol


A Deputación de Pontevedra fixo efectiva o día 13 de xuño a orde de expropiación de 315 metros cadrados de terreo, como parte das actuacións de mellora de trazado e pavimento que se están a levar a cabo na E.P. 4303 Mondariz-Meirol (Mondariz). (more…)


Add comment Junio 17, 2008

A Federación Ecoloxista Galega afirma que a ampliación do plano eólico de Galiza é ambientalmente ‘inasumible e crítica’

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) afirma que o novo plano eólico galego é ambientalmente inasumible e crítico;, logo de coñecer da man do conselleiro de Medio Ambiente, nunha reunión entre asociacións ecoloxistas e os máximos responsables da Consellería de Medio Ambiente, que non fora posible consensuar entre Industria e Medio Ambiente un plan  de áreas de exclusión que liberara zonas de importancia ecolóxica de Galicia de parques eólicos. (more…)


Add comment Junio 17, 2008

Next Posts Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds