Posts filed under 'Ponteareas'
Cruz Vermella Ponteareas pon en marcha un obradoiro de lecer para persoas maiores en Arcos
A Asemblea Local de Cruz Vermella de Ponteareas, en colaboración coa Asociación de veciñas e veciños de Arcos, pon en marcha un proxecto dirixido ás persoas maiores desa localidade baseado nun taller de ocio seguindo a liña do proxecto “É o teu turno” que está en activo desde o ano 2005 na Asemblea de Ponteareas. (máis…)
Add comment 07/10/2009
A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas
A Asociación Forestal de Galicia organiza os vindeiros 9 e 10 outubro en Ponteareas un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas. (máis…)
Add comment 07/10/2009
Delfín Domínguez elixido membro da executiva provincial do PSdeG
O edil ponteareán do Grupo Municipal Socialista, Delfin Domínguez Cerdeira, foi elixido membro da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE, liderada por Modesto Pose. (máis…)
Add comment 07/10/2009
O concello de Ponteareas continúa sen pagar ás historiadoras
A historiadora María Victoria Martínez Rodríguez, gañadora do IV Premio de Investigación Fermín Bouza Brey convocado polo concello de Ponteareas no ano 2006, denuncia que ese concello continúa incumprindo as bases estipuladas na convocatoria do premio. O actual goberno municipal négase a aboar os 1500 euros que restan do premio en metálico e rexeita a publicación do traballo vencedor titulado “A muller no franquismo. A Sección Feminina en Ponteareas, 1936-1955”, xa rematado e en poder do concello de Ponteareas desde febreiro de 2009. (máis…)
Add comment 06/10/2009
Gran Baile e Campionato de Tute no Centro Cultural Os Muíños de Oliveira, en Ponteareas
O Centro Cultural Os Muíños de Santiago de Oliveira organiza tódolos venres ás doce da noite un Gran Baile amenizado polo dúo Alameda. (máis…)
Add comment 05/10/2009
A Banda de Música Xuvenil de Xinzo acada o 1º Premio no IX certame provincial de bandas
A Banda de Música Xuvenil de Xinzo ven de acadar o 1º Premio outorgado polo xurado do IX Certame Provincial de Bandas de Música que organiza a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Sección Segunda, celebrado este sábado na cidade de Pontevedra. (máis…)
Add comment 05/10/2009
Humberto Longueira actuará o sábado día 10 no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas
A obra de teatro “A excepción é a regra” visita o Centro Artístico Sportivo de Ponteareas o vindeiro sábado día 10 de outubro.A representación teatral será ás 20:30 horas. (máis…)
Add comment 05/10/2009
O Mívico premia a Álvaro León, Xavier Daura e Esteban Navarro (Venga Monjas) e Jairo Boisier na súa 3ª edición
“A Nena que tiña unha soa orella” do director venezolano Álvaro León e que conta na produción co galego Rubén Coca, resultou a gañadora no apartado de vídeocreación. A obra, realizada con distintas técnicas de animación, é unha adaptación do conto “La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigueña” de Lucía Etxebarría. (máis…)
Add comment 05/10/2009
Presentación de MáisBNG no Condado
O pasado sábado 3 de outubro no Pub Liberty de Ponteareas a corrente do Bloque Nacionalista Galego +BNG celebrou un acto de presentación da organización na comarca, no que contou entre outros coa presenza do Portavoz Nacional da corrente, Carlos Aymerich. (máis…)
Add comment 05/10/2009
Remontémonos a dous anos atrás, por non ir máis lonxe, cando comezaban as obras do novo instituto de ensinanza secundaria de Ponteareas.
