Posts filed under 'Salvaterra'

A ANPA ‘A Lagoa’ do colexio Infante Felipe de Salvaterra organiza a súa tradicional marcha popular

A ANPA A Lagoa do colexio Infante Felipe de Salvaterra organiza a tradicional marcha popular que partirá do propio colexio este sábado día 17 ás 10:00 horas. Os que non realizaran a preinscripción poderán facer a inscrición ata unha hora antes da saída. (more…)


Add comment Mayo 15, 2008

Os veciños do barrio do Casal, en Salvaterra, celebraron as festas na honra da Virxe de Fátima

O barrio do Casal, en Salvaterra de Miño, celebrou a Nosa Señora do Rosario de Fátima. A capela no alto do polígono de Chan da Lagoa acolleu baixo a súa carpa a máis de medio millar de veciñas e veciños, devotas e devotos que asistiron á misa maior que celebrou o párroco Bienvenido Váquez Bugarín acompañado de Guillermo Mandado, párroco de Alxén. (more…)


Add comment Mayo 14, 2008

Os alumnos dos colexios de Salvaterra gozaron do teatro con Tanxarina

Na Semana das Letras Galegas, actividade da concellería de Cultura de Salvaterra que dirixe Marta Valcárcel, reuníronse 600 escolares do CRA e os colexios de Leirado e Salvaterra, para asistir á representación da obra “Os Narigudos” do grupo de títeres Tanxarina. Por mor do tempo, a representación tivo lugar no pavillón municipal, en lugar do parque público A Canuda. (more…)


Add comment Mayo 13, 2008

A escola infantil de Salvaterra abre o prazo de inscrición para o curso 2008-2009

Durante todo o mes de maio, a Escola Infantil ou gardería municipal ten aberto o prazo de inscrición para o curso 2008-09. En total hai 35 prazas e aquelas nais e pais de cativos entre 0 e 3 anos interesados en matricular aos fillos cómpre que se acheguen ás instalacións da Escola infantil na rúa Fonte da Vila, 14.


Add comment Mayo 12, 2008

Salvaterra, punto de saída e meta ciclista, no Gran Premio Deputación de Pontevedra Júnior

Máis de medio centenar de ciclistas partirán do polígono industrial Chan da Lagoa, en Salvaterra, para correr o Gran Premio Deputación de Pontevedra júnior o 18 de maio, a partir das 16.30 horas. O percorrido total é de 105 quilómetros e segundo José Teixeira, director da Escola Club Ciclista Pontereas-Auga de Mondariz “é unha proba difícil polo percorrido, a súa dureza así coma pola quilometraxe”. (more…)


Add comment Mayo 12, 2008

Máis de 2.600 escolares visitarán o parque da Canuda, en Salvaterra, durante os meses de maio e xuño

Un total de 2.620 nenos e nenas de 25 colexios da provincia de Pontevedra visitarán o Parque de A Canuda de Salvaterra durante os meses de maio e xuño. (more…)


Add comment Mayo 8, 2008

A Deputación organizará concursos comarcais de Bandas de Música

A Deputación de Pontevedra aprobou onte a celebración dos primeiros concursos zonais de bandas de música que terán lugar o 5 de xullo en Deza, o 6 en Pontevedra, o 12 en Vigo, o 19 na zona sur e o 20 no Salnés. (more…)


Add comment Mayo 8, 2008

O barrio do Casal, en Salvaterra, celebra as festas na honra da Virxe de Fátima

O barrio do Casal en Salvaterra de Miño celebrará o vindeiro martes 13 de maio as festas na honra da Virxe de Fátima. Trátase dunha celebración que se repite dende fai trece anos por iniciativa das mulleres do barrio que integran a comisión de festas. (more…)


Add comment Mayo 8, 2008

A Deputación de Pontevedra presenta as bases do VIII Certame Provincial de Bandas de Música

A Deputación de Pontevedra presentou as bases do VIII Certame Provincial de Bandas de Música, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra, e ó que poderán optar todas as bandas de música da provincia que o desexen. (more…)


Add comment Mayo 7, 2008

A exposición fotográfica ‘Sida, a outra cara da fame’ chega ao centro comarcal da Paradanta

Acción contra a Fame trae ao Centro Comarcal da Paradanta unha exposición fotográfica co fin de amosar e facer chegar a todos os rincóns o alcance desta praga do século XXI, o SIDA.
Aínda que o número de afectados en todo o mundo segue crecendo de maneira global, é nos países máis pobres onde esta pandemia mata cada día a máis xente. Dos 42 millóns de enfermos que se contabilizan no planeta, o 95% está no Terceiro Mundo. (more…)


Add comment Mayo 2, 2008

Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publi

Publicd

Feeds