Posts filed under 'Salvaterra'

Xosé Manuel Budiño actuará dentro do programa das Festas do Río de Salvaterra

Salvaterra renderá a vindeira fin de semana, 2 e 3 de agosto, a súa particular homenaxe ao río Miño coa celebración da terceira edición da Festa do Río, organizada pola concellería de Cultura que dirixe a tenente de alcalde, Marta Valcárcel. (more…)


Add comment Julio 31, 2008

A parroquia de Corzáns, en Salvaterra, inaugurou a reforma da capela do Carme

A parroquia de Corzáns, en Salvaterra de Miño, restaurou a súa capela do Carme, cun orzamento de 75.000 euros compartido entre Concello de Salvaterra, Bispado de Tui-Vigo e a parroquia de Corzáns. (more…)


Add comment Julio 28, 2008

O alcalde de Salvaterra asegura se construirá unha depuradora na PLISAN que recollerá os residuos de cinco parroquias

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, replica ao portavoz do PSOE que non houbo “deixadez” nin “pasividade” do goberno municipal no tema do saneamento das parroquias que limitan coa Plisan. O alcalde asegura que realizou distintas xestións nos últimos meses.  (more…)


Add comment Julio 28, 2008

O PSOE de Salvaterra pide a Xestur que aclare si o colector do río Mendo será conectado á rede de saneamento da PLISAN


O portavoz do PSOE en Salvaterra, José Luis Fernández Piñeiro, remitiu un escrito a Xestur Pontevedra para coñecer se está prevista a conexión do colector de augas residuais do río Mendo ao sistema de recollida e tratamento de augas residuais da PLISAN. (more…)


Add comment Julio 28, 2008

A Consellería de Vivenda e Solo contrata por 14,78 M.€ as obras de urbanización do millón de metros cadrados que posúe na PLISAN


A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, contratou por 14.4779.315 euros as obras de urbanización do millón de metros cadrados que o Departamento autonómico posúe na PLISAN, a denominada Área Loxística Empresarial. A previsión da Consellería é iniciar as obras de urbanización nas próximas semanas, e a empresa contratada disporá dun prazo de 10 meses para a súa execución, unha vez asinado o contrato. (more…)


Add comment Julio 24, 2008

Máis de 350 persoas na primeira representación da VII edición de Móstrate, en Salvaterra

A VII Mostra de Teatro Afeccionado do Condado, Móstrate, arrancou onte mércores 23 de xullo con máis de 350 persoas de público que asistiron á primeira función desta nova edición da Mostra. Deste xeito, a pesar da fría noite, Móstrate consolídase, con cada vez máis público, tónica que se repite dende hai anos. (more…)


Add comment Julio 24, 2008

O Centro de Día das Neves visitou o parque da Canuda en Salvaterra

O parque público de A Canuda en Salvaterra acolleu este mércores a visita do grupo do Centro de Día de As Neves, que elixiu este espazo para a primeira saída dos usuarios desta entidade. (more…)


Add comment Julio 24, 2008

Tarantela Teatro levanta o telón da VII Mostra de Teatro Afeccionado do Condado, en Fornelos, Salvaterra


A Mostra de Teatro Afeccionado do Condado, Móstrate, que este ano chega á súa VII edición, arranca na noite de hoxe mércores 23 de Xullo coa participación do grupo de teatro Tarantela. (more…)


Add comment Julio 23, 2008

Luis Piña representará ao PSOE comarcal no 11º Congreso Socialista

Os vindeiros 26 e 27 de xullo os socialistas galegos teñen unha cita na celebración do seu 11º Congreso. Nesta cita definirase a súa política de cara ó futuro e elixirase a súa nova comisión executiva que gobernará o partido e aplicará as liñas que se  acorden neste congreso. (more…)


Add comment Julio 22, 2008

A parroquia de Meder, en Salvaterra, celebra o vindeiro domingo a carreira de carros de rodamentos

A Asociación Cultural Os Amigos de Meder, en Salvaterra, organiza o vindeiro domingo 27 de xullo a tradicional Carreira de Carros de Rodamentos de Meder. A carreira dará comezo ás 18.00 horas na Baixada do Coto, en O Monte, na parroquia salvaterrense de Meder. (more…)


Add comment Julio 22, 2008

Next Posts Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds