Cruz Vermella celebrará un curso de “Primeiros Auxilios” nas instalacións da Casa Cultural de Areas, en Ponteareas. O curso comezará o vindeiro día 12 de maio e desenvolverase os días 13, 14, 15, 19, 20, 21,22,27,28 e 29 de maio. A acción formativa,destinada á poboación en xeral, consta de 42 horas teóricas e prácticas, desenvolvidas en 10 módulos que se realizarán en horario de 17 a 21 horas. (more…)
Abril 24, 2008
O Concello de Ponteareas habilitou, no albergue xuvenil da Picaraña, unha zona de acampada para que todos os veciños e veciñas que desexen participar na tradicional Romaría da Picaraña poidan asistir á festa, que terá lugar o vindeiro 1 de maio. (more…)
Abril 24, 2008
O Concello de Ponteareas ampliou o convenio de colaboración asinado coas empresas Nutrigrás e Protección Medioambiental S.L., para a posta en marcha dunha campaña municipal de recollida de aceites domésticos usados para a súa reciclaxe nas comunidades de propietarios e nos centros parroquias do termo municipal que así o requiran. (more…)
Abril 7, 2008
O concello de Salvaterra, a través da concellería de Mocidade e Deportes coordinada por Marta Valcárcel, colabora na organización de dúas viaxes que levarán aos estudantes do IES de Salvaterra a Andorra e á estación de neve de San Isidro (León). (more…)
Marzo 10, 2008
ACTIVIDADES NADAL 2007
SÁBADO 22 DE DECEMBRO
CONCERTO DE NADAL: Ás 20:30 h. No Auditorio da Casa de Cultura, Concerto de Nadal da Coral Polifónica da Cañiza, acompañada por : Coral Polifónica de Covelo e Coral Mª Madre del Buen Pastor de Vigo. (more…)
Diciembre 14, 2007
O concello das Neves e a Diócese de Tui-Vigo realizarán o vindeiro domingo día 16 de decembro unha xornada conxunta para homenaxear ao pai nevense, Manuel Gómez González, recentemente beatificado en Brasil. (more…)
Diciembre 14, 2007
A blog da Peneira do Condado segue a sumar visitas e quere darlle as grazas aos máis de 15.000 visitantes que tivo ao longo da súa curta traxectoria. Aproveitamos a ocasión para convidarvos a opinar sobre as distintas novas que se suben á nosa blog empregando a opción de “add comment” e, así coñecer a vosa impresión sobre a actualidade da comarca do Condado-Paradanta.
Unha vez máis grazas por visitarnos!!
Noviembre 15, 2007
-¿Por que decide deixar o cargo de concelleiro de deportes?
-Pois o principal motivo é que non lle podo dedicar o tempo que creo que é o axeitado e que se merece unha concellería. (more…)
Noviembre 9, 2007