Posts filed under 'Uncategorized'
A asociación cultural Galeguiza organiza a terceira Festa do Samhaím
O vindeiro día 31 de Outubro, na Carpa instalada na Praza Maior de Ponte Areas, a asociación cultural Galeguiza vai celebrar a terceira Festa do Samhaim que ven a ser a festividade celta e tamén galega, orixe do Hallowwen americano.
A asociación cultural Galeguiza ten a intención de recuperar tradicións culturais propias do país, como a língua, a música popular, as danzas, os xogos populares, … e como nom, as festas. (more…)
Add comment Octubre 30, 2007
Roberto Mera e Teresa Táboas aseguran a construción do parque empresarial de Ponteareas
O concelleiro do BNG e membro da Executiva Nacional, Roberto Mera, asegurou que “o BNG desde a Xunta de Galiza está facendo realidade o parque empresarial”, logo de manter no día de onte un xantar coa Conselleira de Vivenda, a nacionalista Teresa Táboas, con quen ademais de cuestións de política nacional do BNG, abordou tamén os asuntos que afectan a Ponteareas: o parque empresarial e a adquisición dun inmoble para a sede da Fundación Groba. (more…)
Add comment Octubre 1, 2007
O concello de Ponteareas aposta polo teatro na programación de festas
O Concello de Ponteareas vén de facer unha forte aposta polo teatro no programa das Festas de Setembro 2007, de tal xeito que durante este mes, veciños e veciñas poderán gozar dun total de cinco representacións teatrais no Auditorio Reveriano Soutullo. (more…)
Add comment Septiembre 6, 2007
Aparecen os primeiros restos humanos nas fosas de Xinzo e Areas
Antón Fernández Escuredo
Un equipo de expertos da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (Bierzo) iniciou esta mañá os traballos de exhumación dos corpos de trece represaliados na guerra civil.
Add comment Septiembre 3, 2007
A concelleira de Turismo de Ponteareas asistíu á presentación do libro ‘Alfombras e Tapetes de Huamantla, Arte Efímero’
Raquel Bautista Concejala de Turismo asistó a la presentación del Libro Alfombras y Tapetes de Huamantla, Arte Efímero.
No marco do Encontro Internacional de Arte Efímero das Alfombras de Flores e Terras Naturais celebrado fai uns días en México foi presentado o libro “Alfombras e tapetes de Huamantla, Arte Efímero” da autora Isabel Aquino Romero. Ao evento asistíu como convidada especial a concelleira de Turismo, Raquel Bautista Alfaya, que recibíu como agasallo un exemplar da obra literaria que editou o concello como homenaxe aos alfombristas que comparten esta tradición, cun motivo relixioso. (more…)
Add comment Agosto 27, 2007
Afectados pola falla de pediatra maniféstanse diante do centro de saúde
Fai case un mes que as nais e pais das Neves veñen demandando con urxencia un pediatra substituto que atenda aos seus cativos no Centro de Saúde. O que éstes pais solicitan é que cada vez que o pediatra titular se dea de baixa ou vaia de vacacións alguén o substitúa. Como as súas queixas e protestas ante o Valedor do Pobo, en Atención Primaria, no Concello, no Sergas e mesmo no Ministerio de Sanidade non lle teñen valido de nada, o pasado venres día 27 convocaron unha concentración diante do centro de saúde ao que asistiron todas aquelas nais e pais que puideron. No transcurso desta manifestación que comezou ás nove e media da mañá, unha cativa chamada Paula leu un manifesto no que tan só pedía un pouco de atención por parte da administración e que nunca máis a súa nai tivera que percorrer quilómetros de centro de saúde en centro de saúde para que un pediatra a atendera a ela ou a calquera dos seus veciños. (more…)
Add comment Julio 29, 2007
