
A conselleira de Vivenda e Solo, a nacionalista Teresa Táboas, fai entrega aos seus adxudicatarios, mañá xoves día 15 demaio ás 17:30 horas, das 18 vivendas de promoción pública no concello da Cañiza. Táboas visitará unha das vivendas e, a continuación, entregará as vivendas nun acto privado que se celebrará no saón de actos do concello.
Mayo 14, 2008

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible acometerá as obras de abastecemento integral do concello pontevedrés de Arbo. Así llo confirmou o conselleiro, Manuel Vázquez, ao rexedor do municipio, Manuel Rivera, nunha reunión celebrada onte en Santiago. (more…)
Mayo 14, 2008

Nós-Unidade Popular solicita ao concello de Ponteareas a construción dun mínimo de 27 pasadeiras elevadas para peóns no núcleo urbano. (more…)
Mayo 14, 2008

O barrio do Casal, en Salvaterra de Miño, celebrou a Nosa Señora do Rosario de Fátima. A capela no alto do polígono de Chan da Lagoa acolleu baixo a súa carpa a máis de medio millar de veciñas e veciños, devotas e devotos que asistiron á misa maior que celebrou o párroco Bienvenido Váquez Bugarín acompañado de Guillermo Mandado, párroco de Alxén. (more…)
Mayo 14, 2008

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ven de autorizar a redacción dun proxecto modificado para as obras de mellora que se están a acometer na estrada PO-801 entre Filgueira (no concello de Crecente) e o límite da provincia de Pontevedra con Ourense. Esta modificación ten como finalidade protexer aínda máis os elementos patrimoniais (muíños, ponte e Camiño Real) que se atopan no contorno. (more…)
Mayo 13, 2008
O pleno da Corporación de Ponteareas aprobou por unanimidade na última sesión a adhesión do Concello ponteareán á Asociación Galega de Concellos de Danzas Brancas ou Gremiais, un colectivo dedicado á defensa do patrimonio etnográfico e a promoción das danzas tradicionais para evitar que se esquezan. (more…)
Mayo 13, 2008

O Goberno municipal de Ponteareas dirixiuse á Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia solicitando a recepción, coa maior celeridade posible, das obras de remodelación da Praza Maior executadas polo departamento autonómico, previa corrección das deficiencias detectadas nesa obra, que teñen que ver coa instalación do alumeado e con problemas na fonte instalada, entre outros. (more…)
Mayo 13, 2008
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, e a responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Mª. Consejo Vázquez, presentaron as actividades culturais que, co gallo da Día das Letras Galegas, terán lugar na vila durante o mes de maio, e que terán como protagonistas aos máis novos. (more…)
Mayo 13, 2008

O cardenal arzobispo de Sevilla, monseñor Carlos Amigo, foi recibido hoxe pola Corporación de Ponteareas no salón de plenos do concello. A continuación participará nun xantar popular que se celebrará no restaurante “El otro mundo del Tea”.
Ás 20:00 horas, Monseñor Amigo presidirá a Santa Misa na Igrexa Parroquial de San Miguel de Ponteareas, á que seguirá a tradicional procesión da Virxe de Fátima, que contará coa súa participación. Ás 21:00 horas, o arzobispo de Sevilla exporá no auditorio Reveriano Soutullo a súa visión das Festas do Corpus nunha conferencia baixo o título “Alfombras para el Corpus”.
Mayo 13, 2008

A exposición temporal “O Vieiro da Franqueira” inaugurouse hoxe martes día 13 de maio ás
12.30 horas no museo Verbum-Casa das Palabras de Vigo e poderase visitar ata o domingo 25. (more…)
Mayo 13, 2008