150 representantes de Comunidades de Montes Veciñais reúnense para debatir o borrador da Lei de Montes

13/06/2008 at 12:13 Deixar un comentario

Nestes días atópase en período de alegacións o borrador de Lei de Montes de Galicia, redactado pola Consellería de Medio Rural, unha norma de gran importancia para o territorio de Galicia pois regulará a actividade en 2 millóns de hectáreas de chan dedicado a monte que pertence, case na súa totalidade, a máis de 400.000 propietarios particulares e 2.700 comunidades veciñais.
A Asociación Forestal de Galicia (AFG) realizou un estudo a fondo do borrador e presentou 236 alegacións e suxestións de mellora do texto. Hai que ter en conta que se trata dun texto extenso e complexo que consta de 149 artigos, 5 disposicións adicionais e 10 disposicións transitorias.

Para informar do borrador de Lei e debater as alegacións no que fai ao capítulo dedicado aos Montes Veciñais en Man Común, a AFG convocou dúas reunións ás que asistiron máis de 150 representantes de comunidades de montes veciñais; o 30 de maio foi no Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas, Pontevedra) e o 6 de xuño no Centro Social de Extramundi (Padrón, A Coruña)

Entre as alegacións máis salientadas está a reivindicación de dotar de personalidade xurídica ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. Para a AFG, dotar ás comunidades de montes de personalidade xurídica permitirá modernizar esta institución favorecendo o incremento do seu patrimonio e maiores posibilidades económicas. Esta demanda de personalidade xurídica leva reclamándose desde que se celebrou o primeiro Congreso de Montes Veciñais (14-15-16 de decembro de 1995 en Mondariz-Balneario) e moitas comunidades sufriron graves perxuízos por esta carencia.

A AFG defende que, sen perder o seu histórico réxime de comunidade xermánica, as comunidades poidan exercer certos dereitos necesarios para cumprir plenamente cos obxectivos sociais e económicos que hoxe en día demandan os comuneiros. Por exemplo, a posibilidade de adquirir terreos, dereito non recoñecido actualmente por carecer de personalidade xurídica.

Tamén preocupa ás comunidades de montes integradas na AFG a excesiva intervención administrativa nalgunhas cuestións, como por exemplo, os actos de disposición (contratos de cesión, arrendamentos , dereitos de superficie e outros negocios xurídicos). Non se discute que a administración exerza un certo control e tutela sobre as montes veciñais dado o interese social que caracterízaos, pero tense que evitar incrementar os trámites burocráticos que poidan dificultar a posta en valor desta importante superficie do territoriode Galicia.

A AFG xa transmitíu ao Director Xeral nunha recente reunión celebrada en Santiago para tratar as alegacións presentadas, que para as comunidades de montes integradas na AFG é un momento histórico para que saia á luz un bo texto legal que permita consolidar definitivamente a institución veciñal, considerando imprescindible o recoñecemento da personalidade xurídica.

Entry filed under: Ponteareas.

A parroquia de Corzáns, en Salvaterra, celebra a II festa da Sementeira O BNG adianta que o xulgado condena ao Concello de Ponteareas a pagar 110.000 euros a UNIÓN FENOSA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: