Adenco denuncia o estado de abandono e as graves agresións ao Castro de Troña de Ponteareas

13/06/2008 at 14:30 Deixar un comentario

Nas últimas semanas o Castro de Troña foi obxecto dunha gravísima agresión no seu entorno de protección. ADENCO constatou hai uns días que unha empresa privada procedeu á tala masiva de arborado na franxa que a lexislación actualmente en vigor protexe, 200 metros dende a parte externa do poboado castrexo, distancia fixada como medida de cautela arqueolóxica. Ademais, esta corta foi acompañada dun movemento de terras e unha alteración radical da paisaxe e dos restos arqueolóxicos posiblemente irreversible.
 No que se refire aos danos que poida ter sufrido o castro de Troña, están aínda sendo avaliados polos técnicos da Consellería de Cultura, pero á vista do estado actual da zona afectada, é moi posible que se teñan producido alteracións de importancia.
 ADENCO puxo en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio, dependente da Consellaría de Cultura, a situación, para que se personaran no xacemento e valorasen o alcance do impacto. Así, os pasados días tres técnicos-arqueólogos da Consellaría visitaron e inspeccionaron o lugar e agora estamos á espera do seu informe de avaliación. Asi mesmo ADENCO tamén interpuxo a correspondente denuncia perante a Policia Autonómica, encargada deste tipo de infraccións patrimoniais e unha patrulla deste corpo  tamén se personou no castro para facer a súa correspondente valoración e  procurar a identificación dos responsables.
 En conclusión, obviando todas as leis vixentes en materia medioambiental e patrimonial, procedeuse de maneira absolutamente irracional, e presuntamente ilegal, producindo con esta actuación un impacto sobre o Patrimonio Cultural que implica unha afección sobre o entorno de enorme virulencia.
 
 O Castro de Troña
 O castro de Troña é un dos emprazamentos castrexos máis importantes e simbólicos de Galiza e o norte de Portugal, xa escavado nos derradeiros anos 20 do século XX por Pericot e Cuevillas, recuperou o interese cando nos anos 80 e parte dos 90  foi de novo investigado e traballado nunha época de “esplendor”.
 Hai anos que se atopa nun estado de abandono case absoluto por parte do concello de Ponteareas, propietario da parcela na que se atopa, e a matogueira inza todas as estructuras de habitación e as magníficas murallas que circundan o seu perímetro.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG adianta que o xulgado condena ao Concello de Ponteareas a pagar 110.000 euros a UNIÓN FENOSA Cruz Vermella Xuventude de Ponteareas pon en marcha, un ano máis, o proxecto ‘Neo’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: