O BNG adianta que o xulgado condena ao Concello de Ponteareas a pagar 110.000 euros a UNIÓN FENOSA

13/06/2008 at 12:15 Deixar un comentario

O BNG de Ponteareas adianta que o Concello de Ponteareas foi condenado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra a pagar 109.926,19 euros a  UNIÓN FENOSA en concepto de facturación do alumeado público. Esta débeda, corresponde a unha reclamación plantexada pola empresa en decembro de 2005. 

“Unha vez maís, asistimos ao descrédito e a situación de bancarrota económica, no que están sumindo ao Concello de Ponteareas, o goberno do PP de Salvador G. Solla e Nava Castro”, reseñou  Sandra Araúxo,  Viceportavoz do BNG. Segundo o BNG, Unión FENOSA únicamente ten o suministro eléctrico a dúas parroquias, e correspondía coa débeda a decembro de 2005, ao que haberá que incrementarlle o consumo dos últimos 30 meses.
O BNG, recorda que esta débeda de 110.000 é só unha pequena parte da débeda total por suministro eléctrico, pois no resto do concello é Sestelo e alto Miño as empresas suministradoras

Os nacionalistas recordan que, nos últimos meses temos comprobado como o Concello de Ponteareas está a ser condenado por impago de todo tipo de servizos, contratos, préstamos, etc. e iso que fai un ano, a Concelleira de Facenda, Nava Castro fixabase como un obxectivo inmediato, iniciar o saneamento económico do Concello e a elaboración dos orzamentos.

O BNG indica que “a incapacidade do goberno do PP de aprobar un plan de saneamento económico para o concello está colocando a Ponteareas nunha situación límite que pagan todos os veciños. O Concello en bancarrota é incapaz de prestar servizos de calidade e de acometer obras de infraestructura básicas como é o saneamento en todas as parroquias”.
Por último, Sandra Arauxo recorda que o Concello de Ponteareas leva 3 anos sen orzamento, pois o último aprobado é do ano 2005.

Entry filed under: Ponteareas.

150 representantes de Comunidades de Montes Veciñais reúnense para debatir o borrador da Lei de Montes Adenco denuncia o estado de abandono e as graves agresións ao Castro de Troña de Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: