O concello da Cañiza solicita ao Ministerio de Fomento unha alternativa ao enlace 282 na autovía A-52 dirección Ourense

18/06/2008 at 11:35 Deixar un comentario

Nunha xornada de traballo celebrada no mes de abril en Mondariz-Balneario, á que asistiron entre outros o Presidente da Deputación Rafael Louzán, a Senadora pola provincia de Pontevedra, Dolores Pan, a os Deputad@s no Congreso Ana Pastor, Nava Castro, Javier Guerra e a tenente de alcalde da Cañiza Helena Fernández que informou ao resto dos asistentes das continuas solicitudes dos veciños de varios concellos e parroquias, entre eles A Franqueira, que para saír cara a Madrid, teñen que utilizar a estrada ata A Cañiza, pasando pola estrada de Fonte Fría, “un punto negro recoñecido”, ou saír dirección Vigo ata Batalláns, varios kms, para facelo cambio de sentido.
“Dende hai meses dende o concello da Cañiza comezamos unha serie de conversas cos alcaldes e tenentes de alcaldes dos seguintes concellos: Ponteareas, Salvaterra do Miño, Mondariz, Mondariz-Balneario, O Covelo e As Neves, en total xunto con nós somos 7 concellos afectados, por non ter saída este enlace dirección Madrid e somentes saída a Vigo”, explica Helena Fernández.

Ademais, engade que “dende distintos concellos e en distintos anos e datas escribiuse ao Ministerio de Fomento, solicitando o mesmo, pero a resposta foi negativa. O Ministerio fala das dificultades para a súa construción tendo en conta os artigos 28 c e 35.4 da Orde do 16 decembro 1997, no reflectido no apartado 7.4 da Orde 27 decembro 1999 e o recollido no anexo 1 apartado 2.1.3 do Real Decreto 635/2006”.

Helena Fernández asegura que os sete concellos afectados cren que hai que aplicar vontade política para acadar solucións e ter en conta as solicitudes dos cidadás e cidadáns  cando as mesmas son tan xustas coma neste caso.
“Esta semana o Grupo Parlamentario Popular, presentará na Mesa do Congreso dos Deputados unha proposición non de Lei para o seu debate na Comisión correspondente. Este é o primeiro paso que imos facer para tentar dar solución a este problema que cremos que ten fácil solución, se se quer”.

Entry filed under: A cañiza.

O BNG critica a Solla e Castro por non mediar nin aportar solucións ao conflicto de Bugarín A Fundación Oscar Pereiro leva o ciclismo ás escolas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: