O Club Augas Bravas de Salvaterra celebrará mañá sábado día 21 unha xornada de portas abertas no embarcadeiro da Canuda

20/06/2008 at 12:34 Deixar un comentario

O Club Augas Bravas de Piragüismo de Salvaterra celebrará o vindeiro sábado 21 de xuño, en colaboración co Concello de Salvaterra, unha xornada de portas abertas para que todos os interesados poidan achegarse a este deporte con vistas a apuntarse aos cursos de verán que o club impartirá en xullo, agosto e setembro.
A cita será a beiras do Miño, en Salvaterra, na zona desde donde saía antigamente o transbordador.
Durante toda a xornada, entre as 10.00 e as 20.00 horas, os monitores do club poñerán a disposición do público todo o material necesario para practicar piragüismo, piraguas, pas, cascos e chalecos salvavidas.
O único que deberán traer os que queiran probar será bañador, camiseta e toalla, ademais das gañas de descubrir unha nova paixón. A xornada estará aberta a nenos a partir de 9 anos, mozos e adultos.
O presidente do Club Augas Bravas de Salvaterra, José Luis Gómez Antón, explica que a idea desta xornada de portas abertas xurdiu tras a gran demanda
que detectaron o verán pasado durante os cursos de piragüismo, cando moita xente se achegaba ao club para “probar” este
deporte.
De aí que antes de dar comezo á tempada estival, “cremos que é un bo momento para dar a coñecer á xente este deporte e animarlles a que se apunten ás clases de verán”.

Entry filed under: Salvaterra.

O director xeral de Desenvolvemento Sostible visita as obras do parque empresarial de Ponteareas O BNG de Salvaterra censura ao PP por non aprobar os orzamentos de 2008

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: