Salvaterra celebra hoxe o concurso de Disk Jockeys ‘Son DJ 08’

20/06/2008 at 12:22 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da concellería de Cultura que dirixe Marta Valcárcel, convida a todos a gozar das novas promesas da música dance na segunda edición do Concurso de Disk Jockeys ‘Son DJ 08’. A cita será hoxe venres 20 de xuño, a partires das 22.00 horas no Parque Público A Canuda, en Salvaterra de Miño.
Uns vinte concursantes inscribíronse este ano na proba que ten como premio a súa participación no ‘Son da Muralla 2008’, a cita da música dance máis importante da comarca do Condado, o vindeiro mes de agosto. Ademais, os gañadores compartirán cartel co DJ Sash.
A concelleira Marta Valcárcel destaca que trátase de “potenciar e apoiar as mozas e mozos da comarca que lles gusta o mundo da música e do baile”. Valcárcel lembra que o concello de Salvaterra “da a oportunidade aos xoves de desenvolver as súas habilidades así como apoiar aos DJ galegos a través de O Son da Muralla”.
Outra das novidades deste ano é a convocatoria da primeira edición do concurso Gogos-Son, nas categorías masculina e feminina.

Entry filed under: Salvaterra.

Yayo reclama apoios diante da igrexa en Ponteareas Festa do solsticio de verán no Centro Social O Fresco

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: