O Punto Limpo de Ponteareas recibíu máis de 1.200 entradas de residuos dende 2007

23/06/2008 at 11:46 Deixar un comentario

O Punto Limpo do Concello de Ponteareas recibiu dende a súa posta en marcha no ano 2007 ata xuño de 2008 máis de 1.200 entradas de residuos. Os cidadáns depositaron na súa maioría neste lugar, xestionado por FCC, enseres como colchóns madeiras e sofás, electrodomésticos (pantallas de tv e monitores pc), entullos de pequenas obras, ferralla (neveiras, cociñas e lavadoras), aceites vexetais e residuos perigosos (aceite de motor, envases con pinturas e disolventes).
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e o concelleiro de Servizos Comúns, Domingos Freitas, valoran de xeito positivo o funcionamento deste punto e animan a todos os veciños a continuar coa reciclaxe de residuos como xeito eficaz para rematar cos vertedoiros incontrolados.
Calquera veciño pode acudir co seu DNI acreditando ser veciño de Ponteareas e, de xeito gratuito, depositar residuos neste Punto Limpo, emprazado no Parque Móvil Municipal, no monte Perdiguel.

ONCE NOVAS ILLAS DE RECICLAXE

Por outra banda, o Concello de Ponteareas continúa coa instalación de novas Areas de Aportación (illas de reciclaxe) en distintos puntos do municipio. En concreto, instaláronse un total de 11 novas areas, cada unha delas coa súa sinalización correspondente e composta dun contenedor azul (papel e cartón), outro verde (vidro) e outro amarelo (plástico, brick e latas), ademais dun depósito para pilas. As zonas que contan con novas illas de reciclaxe son Confurco (Xinzo), Cachadas (urbanización de adosados), Moreira (Igrexa), Pías (estrada Mondariz), Porteliña (Cristiñade), Bugarín (estrada Ponteareas-Mondariz), Cortellas (Padróns), San Blas (Areas), Picoto (Areas), Castro (Padróns)…
O Concello de Ponteareas, unha vez se aprobe o orzamento municipal, incrementará o número de áreas de aportación ata as 25 no municipio.

Entry filed under: Ponteareas.

O goberno de Ponteareas insta a Sanidade a restablecer o servizo de matronas na vila O salcedense Óscar Alonso gaña a 2ª edición do concurso Son DJ´2008

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: