O salcedense Óscar Alonso gaña a 2ª edición do concurso Son DJ´2008

23/06/2008 at 12:06 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da concellería de Cultura coordinada por Marta Valcárcel, levou a cabo este venres a 2ª edición do Concurso Son DJ’2008, que tivo como vencedor ao salcedense Óscar Alonso, que xa o ano pasado participou nesta iniciativa. O segundo lugar o conseguiu o DJ Manolo Lou e o terceiro o DJ Loito. Este ano o Concello organizou tamén o primeiro Concurso de Gogos Son, que tivo como gañadores Víctor (1º), Lady ‘B’ (2º) e Crista (3º). Víctor compartirá con Óscar Alonso o gran premio da noite, participar no DJ Sash e no Son da Muralla 2008 que se celebrará o 9 de agosto.
A titular de Cultura salientou, momentos antes de coñecerse o veredicto do xurado, “a gran calidade” dos DJ’s que subiron este ano ao escenario. Marta Valcárcel corroborou, ademais, a opinión dos concursantes sobre o nivel do xurado nesta edición. Explicou que o reparto estivo formado “polos representantes das discotecas do momento”, como é o caso de Gonzalo (Bonaparte), DJ Charlie (Lesothum), Cristina (Anagram) e Arlindo (Desmodus), ademais de Jacobo (Si Radio).

“Están aquí para coñecer aos novos talentos, porque este concurso está pensado para promocionar aos rapaces moito máis alá do Son da Muralla”, engadiu. No que fai ao Concurso de Gogos Son, Marta Valcárcel manifestou a súa satisfacción pola acollida “porque para ser a primeira edición contou cunha boa participación e esperamos que para o ano que ven siga en aumento”.

O gañador do Son DJ’2008 dixo estar “moi ilusionado” porque este concurso é “unha oportunidade” para todas as persoas que queren entrar nese medio, “principalmente porque na actualidade hai moitísima xente boa”. Alonso afirmou que dado ao nivel dos concursantes desta edición, “calquera que gañase sentiríase gratamente sorprendido”.
A presentación da segunda edición do Son DJ foi a cargo do vencedor do concurso do ano pasado, o Dj Caroca, que animou aos concursantes a “pasalo o mellor posible e que, por moi grande que sexa a proposta, non se intimiden”. Iso si, continuou, “esta é unha ‘man bastante cumprido’ para darse a coñecer”, xa que o gañador compartirá cartel co DJ Sash no Son da Muralla 2008. Durante a presentación, Caroca aconsellou ademais a que os Dj’s non deixasen “correr” a música, que fixesen as mesturas canto antes para que o xurado poida valorar a calidade das súas composicións. Como no ano pasado, os criterios de avaliación do xurado incidiron en tres puntos: mestura, música e posta en escena.

Entry filed under: Salvaterra.

O Punto Limpo de Ponteareas recibíu máis de 1.200 entradas de residuos dende 2007 O concello de Ponteareas impartirá un curso de auxiliar de enfermería en xeriatría dentro do Plan FIP 2008

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: