O BNG de Ponteareas acusa ao grupo de goberno de negarse a pagar unha débeda de 413.000 euros

25/06/2008 at 11:22 Deixar un comentario

O Bloque Nacionalista Galego de Ponteareas asegura que o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, e a concelleira de Facenda, Nava Castro, pretenden que o Pleno acorde dar de baixa dúas débedas con Caixanova que suman na actualidade 413.000 euros. “Para iso, o rexedor municipal convocou na tarde do xoves un pleno extraordinario, a pesares de que o xoves 26 haberá sesión ordinaria”.
Segundo o BNG na proposta da alcaldía recoñécese a existencia de dúas débedas orixinadas no ano 1981 e 1982 por dous préstamos que sumaban 44 millóns das antigas pesetas, un para adquirir o Castelo de Vilasobroso e outro para o solar do matadoiro municipal.
“O propio Solla recoñece por escrito que a débeda de 1982 por un préstamo de 14 millóns de pts (84.000 euros) ascende na actualidade xa a 353.000 euros, motivado polos intereses de demora xenerados ao longo destes anos”.

Os nacionalistas engaden que a Interventora Municipal non avala esta operación pois no seu informe advirte que é posible que o expediente estea incompleto e falten datos e documentos, “polo que o alcalde utiliza un informe do asesor xurídico que considera as débedas prescritas”.

Para o BNG “estamos diante dun novo exemplo da grave situación económica do Concello, da súa imaxe lamentable, da incapacidade do goberno local para afrontar a situación e sobre todo da irresponsabilidade dos que hoxe, igual que hai 25 anos, gobernan no concello e son os culpables da bancarrota municipal que arrastra Ponteareas logo de décadas de goberno do PP”, asegura Sandra Arauxo, viceportavoz do BNG.

O BNG amósase “tremendamente preocupado”, xa que aseguran que Caixanova presentou alegacións contra a intención do Concello, opoñéndose de plano á prescripción das débedas e recordando que as mesmas foron reclamadas en diferentes ocasións, a última delas en 1999. Para os nacionalistas, o comportamento “pufero e moroso de Solla e Castro demostra por un lado a catadura moral destes personaxes, pero ao mesmo tempo dana gravemente a imaxe credibilidade do Concello de Ponteareas cada vez máis deteriorada diante doutras institucións ou entidades serias”.

O BNG considera un erro “a actitude de provocación e desprezo de Solla, Castro e o PP fronte a Caixanova, cando o lóxico sería negociar con ela un acordo amistoso para resolver o problema, mantendo unha relación de cooperación con esta entidade financieira (que colabora co concello en múltiples actividades) en lugar dunha actitude de confrontación e provocación que o Concello pode pagar moi cara”.

Entry filed under: Ponteareas.

Os cativos de Ponteareas xogaron na carpa de ‘Galiza nos xogos Olímpicos’ O concello de Salvaterra organiza dous novos cursos de informática para adultos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: