O ponteareán José Luis Represas dirixirá á Banda de Música de Ourense no concerto “A Noite do Fado”

26/06/2008 at 08:45 Deixar un comentario

O auditorio de Ourense acollerá o vindeiro xoves día 10 de xullo ás 20:30 horas un concerto titulado “A Noite do Fado en Ourense” a cargo da Banda de Música de Ourense. A entrada será libre e esta vez a banda de música actuará baixo as ordes do director ponteareán José Luis Represas que dirixirá tamén á cantora Ana Lains.
Trátase dun espectáculo entorno a música portuguesa, tan preto e tan descoñecida no mundo bandistico galego. As bandas de música son un referente cultural en Galicia de primeiro orden, aglutina unha considerable masa de xente nova e menos nova, cada vez mellor formados e con máis ilusión.
“Somos a segunda comunidade do estado en número de músicos federados, e as nosas bandas son os únicos feitos socio-culturais en moitas das vilas e aldeas da nosa terra. Creo que merecemos a vosa atención, que nos coloquen en pé de igualdade con outras actividades culturais. Necesitamos a atención dun público que cada vez ten unha maior oferta lúdica”, explica José Luis Represas.

Entry filed under: Ponteareas.

A Asociación de Alfombristas Corpus Christi Reveriano Soutullo viaxou a Italia O PSOE de Ponteareas preguntará no pleno sobre os avances na redacción do PXOM

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: