O PSOE de Ponteareas preguntará no pleno sobre os avances na redacción do PXOM

26/06/2008 at 09:18 Deixar un comentario

O PSdeG-PSOE de Ponteareas debaterá no pleno de hoxe xoves, 26 de Xuño, dúas mocións nas que se solicitou a comparecencia do Alcalde de Ponteareas.
Na primeira, o PSdeG-PSOE, a través do seu Voceiro Municipal, Francisco Candeira, solicítalle información ao Alcalde sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal. O PSdeG quere lembrar que no Pleno Ordinario do 29 de Xaneiro de 2008, o grupo de goberno presentou unha iniciativa para a modificación do contrato para a redacción do PXOM, que se retirou da orde do día ao faltar no expediente o informe preceptivo de valoración da Oficina Técnica. A falta de este informe demostra a falta de iniciativa ou nulo interese que ten o grupo de goberno polo PXOM. O PSdeG-PSOE quere saber as razóns de porqué non se presentou aínda este informe.

Ademais, Francisco Candeira, preguntaralle ao Alcalde polas xestións realizadas sobre o PXOM nos últimos 4 meses, os traballos realizados pola empresa redactora, a posición do Alcalde sobre continuar sobre o actual documento ou realizar un novo, a data de remate do Plan Xeral ou calquera outra novidade que atinxa ao mesmo.

Construción da Estación de Tratamento de Auga Potable.
A segunda moción, presentada por Delfín Domínguez, solicita a comparecencia do Sr. González Solla, debido a falta de interese por parte do grupo de goberno na construción dunha E.T.A.P en Ponteareas.

Na moción, Delfín Dominguez lembra que o subministro de auga potable é un servizo básico que os poderes públicos deben garantir aos cidadáns. Así mesmo, os socialistas explican que desde xaneiro de 2006, a Conselleria de Medio Ambiente ofreceu a construción desta E.T.A.P, cunha inversión de dous millóns de euros.
“O único que tiña que facilitar o Concello eran os terreos, que non facilitou e, polo tanto renunciando a construción da mesma”.
Por isto, o concelleiro do PSdeG-PSOE Delfín Domínguez, preguntaralle ao Alcalde polos motivos de que non se teña avanzado na construción da E.T.A.P desde xaneiro de 2006, as xestións realizadas para a adquisición dos terreos necesarios para a súa ubicación, a previsión de inicio das obras e as medidas provisionais para garantir a auga potable para os veciños de Ponteareas.

Entry filed under: Ponteareas.

O ponteareán José Luis Represas dirixirá á Banda de Música de Ourense no concerto “A Noite do Fado” A ludoteca de Ponteareas celebra os eu décimo aniversario cun festival e a presenza de galegos famosos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: