A Asociación de Veciños ‘Lucerna’ de Fiolledo, Salvaterra, homenaxea este domingo aos seus maiores

27/06/2008 at 08:24 Deixar un comentario

A Asociación de Veciños “Lucerna” de Fiolledo, Salvaterra, organiza a “Homenaxe aos maiores” este domingo día 29 de maio ás 11 da mañá na casa cultural de Fiolledo. Coincidindo coa Festividade do Patrón, San Paio, trasladouse a esa data por ser o domingo inmediato.
Neste acto serán nomeadas “Veciñas Distinguidas” tres mulleres, igual que o ano pasado, que cumpriron entre 85 e 90 anos, Emérita González Gregores, Lola Mariño Rodríguez e Rudesinda Mariño Pérez, esta última filla do que fora Alcalde de Salvaterra durante a República, Manuel Mariño Méndez, o único veciño que acadou tal cargo na historia da parroquia.
Tamén se poderá ver un documental retrospectivo da vida na pParroquia dende os anos 20 e quedará inaugurada unha exposición etnográfica de apeiros de labranza, prestados polos veciños e recollidos polos eidos.misa solemne con procesión do Santo Patrón, e finalmente un xantar popular ao aire libre no Souto, a base de callos e empanada, todo  amenizado por gaiteiros tradicionais.
Manuel Lamas Estévez, presidente da asociación Lucerna, convida a todos os veciños a participar destas actividades.

Entry filed under: Salvaterra.

O BNG do Condado acusa ao PP de incumprir as súas promesas electorais ao non resolver o grave perigo do Penedo da Sobra en Guláns Adenco adianta que a praia de San Roque, en Ponteareas, non é apta para o baño

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: