O BNG de Covelo esixe explicacións polo atraso da execución do polígono industrial

01/07/2008 at 09:55 Deixar un comentario

O Bloque Nacionalista Galego de Covelo esixe explicacións ao grupo de goberno polo atraso da execución do polígono industrial e solicita a comparecencia do alcalde no vindeiro pleno ordinario.
“No ano 1997 anunciouse a creación dun Polígono Industrial no noso Concello. Daquela o PP manifestaba que estaría funcionando ao cabo de dous anos. Reiteradamente o PP utilizou a creación deste polígono de xeito propagandístico e electoralmente. Dende o ano 97 ata agora só se poden ver promesas. Ata hai uns días todo o que existía do devandito polígono era unha valla publicitaria colocada na última
campaña das eleccións municipais, agora nin iso, xa que ese espazo foi adicado a anunciar outros eventos”, explica Xosé Manuel Sendín, portavoz do grupo municipal do BNG de Covelo.

Por todo isto, Sendín solicitou a comparecencia do alcalde no vindeiro pleno ordinario xa que cre que o atraso na realización do parque industrial obedece “ao desinterese, a neglixencia e á falta de categoría política dos xestores do noso Concello. Son moitos os anos de atraso que padece a realización desta obra”.
Xosé Manuel Sendín quere que o alcalde explique no vindeiro pleno a que obedece este atraso. Tamén quere saber se o PP é quen de poñer unha data para a realización das obras.

Ademais, o grupo municipal do BNG quere saber a natureza das empresas que teñen interese en instalarse no polígono industrial. Sendín considera que dende o 97 ata agora “é tempo máis que suficiente para ter feito máis que unha valla e un feixe de declaracións de intencións por parte do PP”.
O BNG esixe máis responsabilidade e máis seriedade ao PP, “que non dubida en xogar coas ilusións dos veciños e veciñas de Covelo, creando expectativas que nunca chegan a cumprirse e sempre con fins electoralistas”.

Entry filed under: Covelo.

Adenco adianta que a praia de San Roque, en Ponteareas, non é apta para o baño Comeza a aula de “Xogos de Verán” de Cruz Vermella Xuventude en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: