A escola municipal de Música de Salvaterra ofrecerá un concerto o venres 4 de xullo na Casa do Conde

03/07/2008 at 09:35 Deixar un comentario

A Escola Municipal de Música de Salvaterra organiza o vindeiro venres, 4 de xullo, un concerto onde os alumnos mostrarán os coñecementos musicais adquiridos durante este curso que agora remata. A cita será na Casa do Conde, no Castelo de Salvaterra, ás 21.30 horas.
Segundo o director da Escola Municipal de Música, Daniel Gregores, o obxectivo do concerto é “facer que os nenos e nenas amosen os seus avances nas diversas disciplinas musicais, que se acostumen a tocar en público e que os seus pais e nais vexan canto aprenderon no curso”.

Un total de 50 nenos e nenas participarán no concerto, que terá dúas partes ben diferenciadas. Na primera parte do programa, os alumnos máis cativos, de 4 a 7 anos, que forman o grupo de música en movemento, cantarán algunhas cancións. Despois, os alumnos doutras disciplinas, que teñen xa máis de 7 anos, amosarán as súas habilidades cos instrumentos de vento-metal (trombón e trompeta); instrumentos de vento-madeira (flauta travesera); percusión e piano.

Con só dous anos de existencia, a Escola Municipal de Música de Salvaterra conta a súa historia por éxitos. Dos primeiros dez alumnos que se matricularan no primeiro curso, na actualidade son máis de 80 os que están a aprender algunha das disciplinas que se imparten e xa está formada unha Banda de Música composta polos propios alumnos da escola.

Por outro lado até o vindeiro venres 4 de xullo está aberto o prazo de matrícula para o próximo curso 2008/09, aínda que os interesados en matricularse terán outra oportunidade na última semana de agosto, cando se abra outro prazo de inscripcións.

Entry filed under: Salvaterra.

O BNG do Condado presentou mocións en todos os concellos da comarca contra as 65 horas semanais O PPdeG instalará este venres 4 de xullo unha carpa en Ponteareas para achegar o partido aos cidadáns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: