O PPdeG instalará este venres 4 de xullo unha carpa en Ponteareas para achegar o partido aos cidadáns

03/07/2008 at 09:38 Deixar un comentario

O PPdeG instalará este venres en Ponteareas a carpa itinerante que percorrerá, entre os meses de xullo e setembro, un total de 21 concellos galegos e que, baixo o lema “Cambio a mellor” e co presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, á cabeza, pretende achegar o partido aos cidadáns.
Así, o venres 4 de xullo, a partires das 12 horas, o PP instalará a carpa na Praza Bugallal. No acto estarán tanto o presidente rexional do partido, Alberto Núñez Feijóo, coma o secretario xeral, Alfonso Rueda.
Ás 13 horas, celebrarase unha reunión sectorial á que acudirán os representantes do Partido Popular en Ponteareas. Este encontro terá lugar no multiusos emprazado no Parque de As Pombas.
Con medidas coma a da instalación desta carpa, o Partido Popular de Galicia busca intercambiar suxerencias e propostas cos cidadáns nun espazo amable e pretende que a carpa sexa as redes do PP na rúa. Con esta iniciativa, que percorrerá outros 20 concellos, o PPdeG pretende achegarse a uns 100.000 galegos.

Entry filed under: Ponteareas.

A escola municipal de Música de Salvaterra ofrecerá un concerto o venres 4 de xullo na Casa do Conde O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, asegura que o BNG pretende ‘confundir aos veciños’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: