O PSOE de Ponteareas lamenta a parálise do alcalde fronte á redacción do PXOM

03/07/2008 at 08:59 Deixar un comentario

O PSdeG-PSOE de Ponteareas asegura que o alcalde de Ponteareas, Salvador Glez Solla confesou ó voceiro socialista, Francisco Candeira,  que  non sabe cando poderá estar rematado o Plan de Urbanismo.
“Ante as preguntas de Candeira no último pleno ordinario, o alcalde manifestou que non sabía que facer; si se  procedería a unha nova licitación e adxudicación a outra empresa ou simplemente se reformaría o contrato existente, posto que o que a empresa pide para continuar os traballos, paralizados desde hai ano e medio, é máis do dobre do que figura no contrato originario de 2003”.

O portavoz socialista asegura que lle ofreceu consenso para decidir entre todos o rumbo a seguir e que o alcalde manifestou que convocaría unha  unha comisión informativa para “entre todos” determinar  que camiño seguir: ou un novo Plan ou a reforma do actual. Sen embargo, puntualizan os socialistas, non fixou a data para celebrar dita comisión.

Na súa interpelación Candeira recordou como os promotores apremiaban no verán de 2003  ó goberno do PSOE-BNG  para  acelerar os traballos do Plan Xeral. “E como o PP desprazou  ao PSOE da alcaldía coa excusa de que había que facer  axiña o  Plan.  Anos despois os novos gobernantes meteronse nunha calexa sen saída”.

Candeira lamentou que, entre o pagado e o adebedado á empresa, o Concello de Ponteareas  leva gastados uns 300.000 € “para non ter nada  concreto e válido a día de hoxe”. Segundo o PSOE o  PP amosou a súa  incapacidade para levar adiante  con eficacia  o asunto máis importante de calquera Concello.

O voceiro socialista vaticinou que, de continuar esta actitude do PP,  o PXOM non estará aprobado nin en funcionamento durante esta lexislatura e.reclamou que o alcalde pedise disculpas ós cidadáns porque tras 5 anos  se estea case no punto de partida.
“O pecado de soberbia do PP que pretendeu elaborar o Plan sen consenso social nin político, conducíuno  a unha situación de bloqueo de difícil solución”.
O PSOE remata afirmando que “pese á axuda económica que acaba de serlle novamente concedida  por parte da Consellería de Ordenación do Territorio, a empresa redactora e o  Concello discrepan desde hai meses sobre a cuantía económica para continuar co Plan”.

Entry filed under: Ponteareas.

Os nacionalistas de Salvaterra lamentan que o alcalde do PP se negara a dar explicacións no pleno extraordinario, alegando que o fará ante os xuices Esquerda Unida Ponteareas solicita ao concello que reduza as taxas do IBI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: