Os nacionalistas de Salvaterra lamentan que o alcalde do PP se negara a dar explicacións no pleno extraordinario, alegando que o fará ante os xuices

03/07/2008 at 08:50 Deixar un comentario

Á iniciativa do  Bloque Nacionalista Galego de Salvaterra  o pasado 27 de xuño celebrouse un pleno extraordinario, no que se lle  solicitaba ao alcalde, Arturo Grandal que dese explicacións sobre as informacións que aseguran que o seu sobriño, José Manuel González, utilizaba a figura do alcalde para dar credibilidade e fiabilidade á estafa.  
Os nacionalistas reclamaban a Grandal que aclarase se era coñecedor das actividades de Jose Manuel González, se tivo ou ten algunha relación mercantil co seu sobriño e se algún dos estafados se chegou a poñer en contacto co alcalde para contrastar a fiabilidade das operacións do seu sobriño.

O BNG, que insiste en respectar a presunción de inocencia do alcalde de Salvaterra, cre, sen embargo, que a súa negativa a dar explicacións tan básicas e lóxicas non fai máis que xenerar incertidume e sospeitas.
“É o propio alcalde quen coa súa falta de transparencia está poñendo en entredito a presunción da súa inocencia”.
Para o BNG “non é lóxico e supón unha falta de respecto aos cidadáns que Arturo Grandal se negue a contestar ás preguntas do principal grupo da oposición alegando que non é un tema municipal e que responderá ante o xuíz”.
Os nacionalistas lamentaron ademais que “en lugar de dar explicacións, o alcalde de Salvaterra adicouse no pleno extraordinario a atacar ao Bloque Nacionalista Galego por ter solicitado aclaracións publicas”.
O BNG anunciou que continuarán reclamando todas as explicacións ata que Grandal estea disposto a ofrecelas no Pleno.

Entry filed under: Salvaterra.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Mondariz anuncia as actividades de verán O PSOE de Ponteareas lamenta a parálise do alcalde fronte á redacción do PXOM

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: