A concellería de cultura das Neves oferta distintas actividades e obradoiros para o verán

09/07/2008 at 09:56 Deixar un comentario

A concellería de Cultura das Neves, que dirixe a popular Mari Carmen Gil, presenta as actividades para o Verán Cultural no que poderán participar tanto cativos como adultos. Para os máis pequenos haberá obradoiros de manualidades, psicomotricidade, cursos de informática e internet e incluso algunha saída para gozar do contacto coa natureza. Ademais, a concellería de cultura estuda organizar unha festa infantil de playbacks.
As actividades para os máis pequenos desenvolveránse en horario de 10:00 a 13:30 horas e terán un prezo de cinco euros.

Ademais, durante todo o verán haberá un curso de natación para cativos a partir de catro anos de idade e tamén para adultos en horario de 12:00 a 13:00 horas nas instalacións da piscina municipal. O curso de natación será os martes e os xoves para os pequenos e para os adultos os mércores e os venres. O prezo será de 25 euros ó mes por persoa. A inscrición poderá facerse nas instalacións da propia piscina de 15:00 a 21:00 horas preguntando polo monitor-socorrista, Nacho. Tamén se poden inscribir no telecentro nos baixos do concello, xunto á biblioteca municipal de 09:00 a 14:00 horas.

Así mesmo, todos aqueles que o desexen poderán participar en cursos de manualidades que se desenvolverán os xoves de 10:00 a 11:30 horas no Centro Social. O prezo será de cinco euros por persoa. A inscrición pode facerse de 09:00 a 14:00 horas no Telecentro, nos baixos do concello. O teléfono de contacto é o 647 80 80 62 en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Por último, a concellería de cultura anuncia que a biblioteca municipal permanecerá aberta de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas durante os meses de xullo e agosto.

Entry filed under: As Neves.

Arturo Grandal asegura que o concello non ten nada que ver coa suposta estafa inmobiliaria en Salvaterra O PSOE de Ponteareas votará en contra dos orzamentos para o ano 2008

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: