O BNG asegura que a interventora advirte que Ponteareas precisa un plan de saneamento económico e a racionalización da plantilla

09/07/2008 at 09:24 Deixar un comentario

O informe da Interventora Municipal que acompaña aos orzamentos presentados polo goberno local e que o Pleno debaterá o vindeiro xoves ás 10 da mañá, reclama a necesidade dun plan de saneamento económico e un estudo de racionalización da plantilla, segundo informou o BNG, quen se mostrou satisfeito con estas recomendacións “porque coinciden co que o BNG ven demandando e propoñendo desde hai anos coa oposición reiterada do PP”.

Ademais, engaden que a interventora considera no seu informe “pouco prudentes” as cifras que se recollen nos orzamentos e dubida de que o concello poda recadar as cantidades previstas. O BNG lembra que “o último presuposto aprobado, o de 2005, ascendía a 14 millóns de euros pero finalmente o concello só foi capaz de ingresar algo máis de 6 millóns e medio, dos que máis de 4 adicáronse a pagar o persoal. Agora o orzamento para 2008 rebaixase a 11 millóns de euros, pero a propia interventora recoñece que non se xustifica suficientemente como vai lograr o Concello esa cantidade de cartos”, engaden os nacionalistas que conclúen dicindo que “a realidade económica municipal é de bancarrota e o concello en lugar de afrontala adícase a crear falsas ilusións sobre o papel que ao cabo do ano quedan sempre desmontadas”

Por outro lado, os nacionalsitas aseguran que a interventora detecta no seu informe múltiples irregularidades na plantilla de persoal e nas súas remuneracións.
“Así, por unha banda bota en falta a inexistencia dunha Relación de Postos de Traballo, adxudicada hai varios anos a unha empresa pero que o Concello non foi capaz de acordar cos traballadores. A interventora reclama ademais un estudo para a racionalización da plantilla e advirte da existencia de numerosos complementos salariais que vulneran a legalidade por ser asignados directa e discrecionalmente”.

Así mesmo, o BNG engade que a interventora municipal reclama noutro punto do informe que se controle e limite o gasto en teléfonos móbiles ou no repostamento de vehículos, entre outros. Tamén considera que os investimentos non se detallan suficientemente.

Por último, segundo o Bloque, advirte que o novo crédito que o concello pretende pedir por importe de 603.000 euros precisa da autorización da Xunta de Galiza, como consecuencia da grave situación económica do Concello. Ese préstamo ten como finalidade pagar outras débedas, polo que o BNG cualificou de “demencial a política de Solla e Castro: para pagar débedas xeneran novas débedas con novos préstamos”. As débedas do Concello de Ponteareas coas entidades financieiras,  segundo a documentación oficial do Concello, ascende xa a case 3 millóns de euros.

Entry filed under: Ponteareas.

O alcalde de Salvaterra asegura que o BNG ‘ten medo a que Marta Valcárcel chegue a alcaldesa’ Arturo Grandal asegura que o concello non ten nada que ver coa suposta estafa inmobiliaria en Salvaterra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: