O ponteareán Pancho Candeira, foi o delegado comarcal no 37º Congreso Federal Socialista en Madrid

09/07/2008 at 08:09 Deixar un comentario

Con motivo do 37ª Congreso Federal Socialista que se celebrou esta fin de semana en Madrid, celebrouse nas pasadas semanas un Congreso Comarcal no Condado –Paradanta.
Deste Congreso Comarcal saíu electo por unanimidade como Delegado para o 37º Congreso Federal Socialista en representación das nosas comarcas o actual Secretario Xeral do PsdeG-PSOE de Ponteareas, Pancho Candeira.
“Pancho, este profesor licenciado en Xeografía e Historia de 52 anos, autor de varios libros, leva xa moitas décadas defendendo os principios do socialismo e os intereses da súa vila natal, da cal incluso chegou a ser alcalde entre xuño de 2003 e maio de 2004”.

Preguntado sobre a súa elección e o papel que representaría en Madrid respondeu: “A miña designación como delegado comarcal ao Congreso Federal do PSOE é a constatación dun partido unido que traballa en beneficio de todos mediante a consecución de consensos e a asunción de compromisos claros. Neste sentido, o máis importante é que se produciu coa unanimidade dos representantes de tódolos concellos da comarca. Durante o Congreso, na miña condición de representante do Condado–Paradanta, integrado na Delegación Galega que presidirá Emilio Pérez Touriño, potenciarei aqueles aspectos do funcionamento do Partido Socialista que permitan unha atención máis eficaz ás aspiracións e necesidades dos veciños dos nosos concellos”.

Xunto a Pancho viaxaron a Madrid como observadores Luis Piñeiro, voceiro socialista de Salvaterra de Miño, e Luis Piña, Secretario Xeral Comarcal do PSdeG-PSOE. Segundo o PSOE a intervención deste último é unha das principais razóns do consenso acadado á hora da elección de Delegado.

Entry filed under: Ponteareas.

O concello de Ponteareas executará obras no mercado municipal, na Praza Maior, rúa Esperanza e Praza Arxentina por un importe superior aos 100.000 euros O goberno de Ponteareas remite o documento co proxecto de orzamento municipal 2008 aos grupos políticos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: