O PSOE de Salvaterra propón un paquete de medidas de carácter urbanístico para evitar as estafas inmobiliarias

09/07/2008 at 08:02 Deixar un comentario

O grupo socialista de Salvaterra, encabezado por José Luis Fernández, presentou no último Pleno un paquete de medidas encamiñadas a tratar de evitar que no futuro poidan repetirse estafas inmobiliarias “como a presuntamente rexistrada recentemente, protagonizada por José Manuel González Grandal, Josiño, sobriño do rexedor local”, puntualiza o PSOE.
As medidas propostas polo PSOE pasan por reiniciar a tramitación do novo PXOM; crear unha comisión sectorial de seguimento do mesmo –con presenza de veciños, promotores e políticos-; aumentar a información urbanística na páxina web do Concello, podéndose así consultar as 24 horas do día os 365 días do ano; e, finalmente, a creación dunha Oficina Municipal de Información ó Consumidor (OMIC).

Xustificación
O portavoz socialista, José Luis Fernández, xustifica as medidas presentadas polo seu grupo poñendo de manifesto que a existencia dun planeamento de 1993 “facilitou a especulación” e, polo tanto, creou o “clima propicio” para que se puideran producir estafas. A falta de información municipal –estado das licencias solicitadas, fase de tramitación das mesmas- dificultou que os afectados pola estafa poideran contrastar datos, engade Fernández.
“Unha información completa na páxina web municipal, como xa teñen outros concellos, aportaría unha maior seguridade ós compradores”
Dende o PSOE consideran que a presenza continuada na admnistración local dos familiares do rexedor local, Arturo Grandal, nos últimos anos “deu credibilidade” ó mal uso, por parte dun dos seus familiares, do apelido da familia. José Luis lembra que “Josiño” facía uso dun só apelido, “Grandal”, establecendo nos seus negocios unha relación clara con un só membro da súa familia, o rexedor local.

Responsabilidade municipal
Por outra banda, o PSOE quere deixar claro que a estafa acaecida en Salvaterra sí é competencia municipal.
“Fronte a teoría de Grandal, que se escuda nun informe dos Servizos Xurídicos do Concello no que se pón de manifesto que o ente local non é competente”.
José Luis Fernández recorda que se nunha ocasión se tratou nun Pleno o tema de Navantia de Ferrol, “moito máis razoable é ocuparse dun tema que afecta gravemente ó municipio e a súa imaxe”.
José Luis Fernández engade que non acaba de entender “cómo Grandal pón os Servizos Xurídicos municipais á disposición dos afectados, cando non é unha conpetencia do goberno local. En calquera caso, queda claro que os concellos sí son competentes en materia de defensa dos dereitos dos cosumidores e usuarios, unha función que ben se podería canalizar coa creación dunha OMIC, tanto para previr posibles fraudes como para canalizar os seus efectos, no caso de que se produzan”.

Efectos negativos
O Portavoz do PSOE, José Luis Fernández, recalca que “é evidente” que a situación acaecida en Salvaterra provocou “alarma social, danou a imaxe de Salvaterra e tamén a do mercado inmobiliario”.
“Tres efectos negativos que o Concello debe combater, e xa que non os evitou na actualidade, agora Grandal ten a obriga moral, ética e política de telos mois presentes de cara ó futuro, evitando novas situacións desestabilizadoras no concello. A receita a seguir pasa por aplicar as propostas plenarias socialistas –PXOM, comisión sectorial, máis información urbanística e a creación da OMIC- o que evitará desagradables situacións futuras, ou no seu caso, de producirse, o Concello terá a “conciencia tranquila, poñendo todo da súa parte para que, efectivamente, os consumidores e usuarios conten cuns sistemas de información e apoio do máis amplo”.

Entry filed under: Salvaterra.

A concellería de Vías e Obras de Ponteareas remata o asfaltado de pistas no barrio de Cortellas O concello de Ponteareas executará obras no mercado municipal, na Praza Maior, rúa Esperanza e Praza Arxentina por un importe superior aos 100.000 euros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: