O BNG lamenta que o PP non retirara da orde do día os orzamentos de 2008 para negocialos coa oposición

10/07/2008 at 11:57 Deixar un comentario

O BNG de Ponteareas manifesta que o PP rexeitou no pleno de hoxe a oferta do BNG para apoiar os orzamentos a cambio de que nos mesmos se recollesen máis investimentos en obras e servizos básicos como saneamento nas parroquias, na adquisición de terreos para equipamentos como galescolas e para vivendas protexidas, e cantidades importantes para subvencionar a actividade dos colectivos sociais do concello.
Así, a viceportavoz do BNG Sandra Arauxo suliñou que “nos orzamentos presentados polo PP, o goberno apenas destina cartos do propio concello para obras de saneamento, abastecemento de auga, alumeado, pistas, instalacións deportivas, instalacións culturais, etc…”. Segundo o BNG, o concello só adica cartos propios para a adquisición dos terreos da futura ETAP, por 32.000 euros, e a ridiculez de 80.000 euros para saneamento”. Neste sentido, o BNG reclamou no Pleno “1 millón de euros para obras de saneamento nas parroquias, outro millón para obras de abastecemento, alumeado e pistas, 600.000 para centros culturais e outros 600.000 para novas instalacións deportivas, por que estas son as prioridades do rural hoxe en día, e tamén partidas para adquirir terreos que se podan ofrecer á Xunta para facer unha nova galescola, un novo centro de día e, sobre todo, vivendas protexidas de promoción autonómica”. En canto á vila, os nacionalistas reclamaron un alto investimento na creación de novos parques e zonas verdes. Para o BNG é “inconcebible que nun orzamento de 12 millóns de euros, o concello sexa incapaz de atender eses investimentos que son os que preocupan e necesita a xente”. Sandra Arauxo lembrou que os concellos da entidade de Ponteareas contan con orzamentos que rondan os 20 millóns de euros fronte aos 12 presentados polo PP.

Así mesmo, os nacionalistas aseguran que na súa resposta Nava Castro recoñeceu que os presupostos son “ridículos” coincidindo co BNG en que debían acadar os 20 millóns. “A concelleira popular criticou inicialmente o voto en contra da oposición, pero veuse forzada logo da intervención de Arauxo a recoñecer que non negociara os orzamentos co BNG, comprometéndose a facelo nos do ano 2009. Os nacionalistas tendemos a man ao goberno pedindo que se retirasen os orzamentos para negocialos durante quince días, proposta que foi rexeitada polos votos do PP”.

Os nacionalistas tamén reclamaron “partidas en contía suficiente para convocar subvencións en réxime de libre concorrencia para todos os colectivos veciñais, culturais, deportivos, xuvenís e comunidades de montes, para apoiar as súas actividades”. Segundo Arauxo, os orzamentos recollen cantidades ridículas e xa asignadas a unhas poucas asociacións concretas, excluindo a todas as demais desas axudas”.

Por outro lado, o BNG adianta que o goberno prevé formalizar un préstamo doutros 600.000 euros para pagar outras débedas, “é dicir, pídese un préstamo pero non para facer novas obras necesarias, senón para pagar débedas, endebebedándose máis o Concello”.

Por último, o BNG fixo súas as recomendacións da Interventora municipal e pedíu que os orzamentos “vaian acompañados dun plan de saneamento económico e racionalización da plantilla, porque só así o concello terá no futuro capacidade para afrontar as obras e servizos que Ponteareas precisa”.

Entry filed under: Ponteareas.

Debrúzate propón unha visita ao Castro de Troña, en Pías, Ponteareas Nava Castro defende o documento dos orzamentos para o ano 2008

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: