A biblioteca municipal de Ponteareas oferta xogos e obradoiros para os meses de verán

11/07/2008 at 11:55 1 comentario

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro,  amplia as súas actividades de Animación á Lectura os meses de verán por considerar que son datas nos que os nenos están de vacacións e teñen máis tempo libre para o lecer e tamén para adicarlle á lectura.
“Propoñemos actividades lúdicas e divertidas como corresponden a este período vacacional, nas que pretendemos que incluso no verán non deixen de vir á biblioteca e se acostumen a adicar un rato do seu tempo os libros e a lectura”, explica a coordinadora da biblioteca.

Así mesmo, adiantan que o os días 16 e 18  de xullo comezarán un “Obradoiro de Cores” nos que os nenos, dirixidos por Tatiana Acuña, animadora sociocultural do concello ,  xogarán coas cores, simulando que son pintores, facendo murais, recoñecendo as cores do semáforo, e en definitiva aprendendo o mundo das cores.
Os obradoiros terán lugar todo os mércores e venres dos meses de xullo e agosto, de 11 h a 13,30h  na Biblioteca Municipal e  os xogos no Parque da Perilllana que estarán dirixidos a nenos en idades comprendidas entre os 4 e 11 anos.
Os interesados poderán inscribirse na propia biblioteca ou chamando ao número de teléfono 986 660765.

Entry filed under: Ponteareas.

Turismo Rías Baixas distingue a varios establecementos turístico-hosteleiros da comarca co distintivo de Calidade Turística en Destinos O BNG contrapón a acción da Xunta en Salvaterra coa parálise do goberno local do PP

1 comentario Add your own

  • 1. Rafa  |  16/07/2008 ás 07:29

    A Biblioteca Municipal de Ponteareas presenta dende hai anos un lamentable aspecto. Carece de un programa informa´tico que facilite a bsuca de libros, segue empregándose o caduco sisitema de fichas ou o máis tradicional, preguntar a quen estea en atención ao público ( se hai alguén visible claro). Os libros están dispotos nunha “orde” estrana que fan case imposible atopar nada. No derradeiro andar hai un espazo de lectura e biblioteca no que os centos de exemplares que se atopan nin sequera están rexistrados. Un curioso cartaz pide aos usuarios que “non rouben os libros”, incrible pero certo.
    Sendo un espazo atractivo e cun número aceptable de fondos, o caos é total, cómo se pode manter esta situación na bibliotec pública dun concello de pero de 24.000 habitantes, cunha enorme poboación en idade escolar e universitaria? Ponteareas is different

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: