A Xunta subvenciona a contratación de dous licenciados destinados á execución do inventariado do patrimonio etnográfico e natural de Covelo

14/07/2008 at 11:07 Deixar un comentario

O Concello de Covelo acolleuse á convocatoria de axudas para a contratación, en réxime temporal, e de conformidade cos “Programas de Cooperación”. A Consellería de Traballo da Xunta de Galicia subvencionou a contratación de dous licenciados, destinados á execución do “Proxecto de Inventariado e Valorización do Patrimonio Natural e Etnográfico do Concello de Covelo. Segundo se establece na mencionada Orde, o Servicio Galego de Colocación remitirá a correspondente relación de candidatos, recaendo no Concello a competencia para efectuar a selección entre estes.
As prazas ofertadas serán para dous licenciados cun contrato de duración de oito meses a xornada completa, oito horas ó día, o salario bruto, incluída prorrata pagas extras, será de 1.306,67 €.
Para optar a estas prazas será imprescindible estar en posesión do título de licenciado universitario. Ademais, recibirán maior puntuación se teñen carnet de conducir e vehículo propio. Tamén recibirán puntos polo curso de galego, informática, experiencia profesional e se posué calquera destas licenciaturas:  Bioloxía, Ciencias Ambientais, Historia ou Filoloxía que se valorará con 2 puntos, por título de  licenciatura específica, ata un máximo de 4 puntos.
Terán preferencia os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral.
Finalizada a fase de valoración dos méritos acreditados polos aspirantes o tribunal celebrará unha entrevista. Esta entrevista, consistirá na presentación oral apoiada por ferramentas informáticas dun plan de actuación onde se programen os traballos a executar. Nesta fase, valorarase especialmente cun máximo de 6 puntos, os seguintes puntos: posuír coñecementos sobre a flora, fauna e ecosistemas de Galicia, e do Concello de Covelo; posuír coñecementos sobre o Patrimonio Cultural de Galicia e do Concello de Covelo; posuír coñecementos sobre a realidade física e xeográfica do Concello de Covelo e proposta de traballos.
A Comisión Seleccionadora estará integrada polos seguintes membros: María Jesús Rodríguez Freire, secretaria-Interventora do Concello de Covelo; Luís Carlos López Vázquez, funcionario do Concello de Covelo; Concepción Eulalia Solano Deyto, funcionaria do Concello de As Neves; Mónica Valle Cabirta, funcionaria do Concello de Pontecaldelas e Santiago Barciela García, Axente de Sostibilidade do Concello de Covelo.

Entry filed under: Covelo.

O concello de Covelo acolle un curso gratuíto de capacitación como traballador forestal A Axencia de Sostibilidade de Covelo celebra unha xornada festiva con música, contacontos, recital lírico e proxeccións documentais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: