O concello de Covelo acolle un curso gratuíto de capacitación como traballador forestal

14/07/2008 at 10:48 Deixar un comentario

O concello de Covelo acollerá un curso de traballador forestal totalmente de balde.  Azetanet, consultoría e formación situada na Coruña oferta un curso de traballador forestal en Covelo orientado a traballar no sector forestal galego.
A acción formativa está adaptada ás novas metodoloxías do mercado e ás demandas actuais das empresas e organizacións.
A través do curso adquiriranse amplos coñecementos e habilidades para realizar actividades de reforestación, mantemento e explotación de bosques, vixilancia e control de espazos naturais e prevención e extinción de incendios.
Durante o curso aboarase os gastos de desprazamento (estudarase cada caso de forma individual).
Para poder participar nesta acción formativa é necesario superar unha selección con entrevista individual. O prazo para realizar as entrevistas remata o 21 de xullo de 2008 e o inicio do curso está previsto para o 28 de xullo. Máis información no teléfono 635 287 245 (as prazas son limitadas).

Entry filed under: Covelo.

A parroquia de Petán, na Cañiza, celebra as festas do Cristo de Petán A Xunta subvenciona a contratación de dous licenciados destinados á execución do inventariado do patrimonio etnográfico e natural de Covelo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: