O concello de Ponteareas elaborou os pregos que rexerán o concurso para a construción do aparcadoiro soterrado na Praza Gabino Bugallal

14/07/2008 at 08:06 Deixar un comentario

O Concello de Pontearas elaborou xa os pregos de cláusulas administrativas particulares e de  prescricións técnicas que rexerán o concurso para a construción do aparcadoiro soterrado na Praza Gabino Bugallal, en pleno centro do municipio. Unha vez que rematou o período de exposición pública do estudo de viabilidade deste aparcadoiro e, ante a ausencia de alegacións, o Goberno local xa ten elaborados os pregos para a súa aprobación plenaria e posterior consecución técnica.

O estudo de viabilidade sometido a exposición pública analiza a finalidade da construción desta infraestructura, fai un cálculo da previsión da demanda de uso e da incidencia económica e social desta obra na vila, e tamén inclúe un estudo de impacto ambiental cun apartado cos riscos operativos e tecnolóxicos na súa construción.

Este documento conclúe que o aparcadoiro soterrado na praza do Bugallal é viable economicamente, co que, segundo o Goberno de Ponteareas, da vía libre para que as empresas constructoras interesadas poidan ir preparando os seus proxectos.

Modificación ordenación urbanística provisional

Segundo o grupo de goberno o 29 de xaneiro de 2008, a Xunta publicaba no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se modificaba a ordenación urbanística provisional no Concello de Ponteareas e que permitía ao goberno local comezar a tramitación necesaria para a construción do aparcadoiro público soterrado na praza de Gabino Bugallal. “Dezaoito meses despois de que fóra solicitado polo Concello, o 15 de xuño de 2006, a Xunta da o seu plácet ao decreto de modificación da ordenación urbanística necesario para executar esta infraestructura fundamental para a vila”.
Para o goberno, a construción deste aparcadoiro público “é unha necesidade que contribuirá ademáis á consolidación comercial da vila”.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG contrapón a acción da Xunta en Salvaterra coa parálise do goberno local do PP O alcalde de Salvaterra responde aos ataques do BNG

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: