As Neves celebrará a terceira edición da festa do Viño Tinto de Rubiós

15/07/2008 at 11:26 Deixar un comentario

O concello das Neves prepara nestes días a terceira edición das Festas do Viño Tinto de Rubiós na que non faltará o viño con denominación de orixe e a boa gastronomía. Nesta edición, que terá lugar os días 26 e 27 de xullo, os visitantes poderán degustar por tan só cinco euros pratos como o arroz de marisco, as navallas á prancha, as zamburiñas á prancha, os mexillóns á mariñeira. O prezo tamén inclué o prato de barro. Pero ademais na Praza Maior das Neves tamén se servirá polbo, churrasco, chourizo criollo e pementos de padrón, entre outras delicatesens da gastronomía tradicional. Tampouco faltarán os callos á galega nin os viños tintos con denominación de orixe a un prezo especial con motivo das festas, de seis euros a botella.
A bolsa co cataviño e unha primeira degustación terá un prezo de dous euros.
A festa do Viño Tinto de Rubiós, que organiza o concello e os viticultores de Rubiós, abrirá as súas portas o sábado ás 20:00 horas coa actuación da Banda de Música Popular de Rubiós e a apertura dos stands degustación.
Ás 21:00 horas será o pregón a cargo de Don José Ramón Meiriño González, presidente do Consello regulador Rías Baixas. Ás 23:00 horas haberá queimada popular coa actuación dos grupos “Dúo Estelar” e o trío “Los Tres Latinos”.
O domingo día 27 poderase degustar tanto os viños como os pratos durante todo o día. A organización completa o programa de festas co pasarrúas a cargo da charanga “Apeles” ás 11:00 horas e a festa infantil con Troula Animación a partires das 18:00 horas do domingo.
A novidade deste ano serán as tradicionais “sopas de burro cansado” a base de viño tinto, azucre e pan.

Entry filed under: As Neves.

Cinco concursos e a actuación de Xosé Manuel Budiño marcan a terceira edición da Festa do Río Miño en Salvaterra O BNG asegura que o TXSG condena ao Concello de Ponteareas ao pago de 416.400 euros a COVSA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: