Cinco concursos e a actuación de Xosé Manuel Budiño marcan a terceira edición da Festa do Río Miño en Salvaterra

15/07/2008 at 07:16 Deixar un comentario

A terceira edición da festa do Río Miño, que se celebra o 2 e 3 de agosto, organizada pola concellería de Cultura de Salvaterra que preside a tenente de alcalde, Marta Valcárcel, contará con cinco concursos cuxas bases pódense recoller na casa do concello.
A presentación de traballos do concurso de fotografía, de inscrición anticipada, remata o xoves 24 de xullo. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, a cor ou en branco e negro, brillo ou mate, cun tamaño mínimo de 15 por 20 centímetros. Os premios son, para o primeiro e segundo,  200 e 100 euros respectivamente, xunto cun diploma.

Para o concurso de pesca, en tres categorías (sénior, xuvenil e infantil) farase a inscrición momentos antes de comezar. Cómpre ter licenza de pesca expedida pola Xunta de Galicia. A modalidade de pesca vai ser libre e só se poderá utilizar unha cana en acción de pesca, podendo cada concursante optar pola modalidade que máis lle conveña. A efectos de pesaxe somente poderá optar por unha especie de entre as que capture un pescador: troita (250 puntos por peza e 1 punto por gramo de peso); boga, escalo, sábalo e outros (100 puntos por peza e 1 punto por gramo de peso). Os premios son de 100 euros ao primeiro de cada categoría e diploma con trofeo acreditativo e os segundos, diploma e trofeo.

O concurso de pintura rápida vai ser outro dos certames da III Festa do Río no que os interesados pódense inscribir tamén momentos antes de comenzar. Este concurso está aberto a tódalas persoas que o desexen, en dúas categorías: adultos e infantil (menores de 15 anos). A técnica de pintura vai ser libre e centrados no tema das paisaxes e motivos relacionados co río Miño. Para realizar a obra terán dende as 8.30 da mañá ata as 15.00 horas da tarde. Os premios para o primeiro e segundo, na categoría adultos, son 300 euros e 150 respectivamente, xunto cun diploma. Os premios dos infantís son de 75 e 50 euros xunto co diploma.  As obras premiadas pasarán a ser propiedade do Concello de Salvaterra.

Outro concurso é a travesía a nado polo río Miño desde a ribeira portuguesa de Monçao ata a española. A inscrición faise antes de comezar a proba que se celebrará ás 18.00 horas do sábado día 2 e concursarase en tres categorías (sénior, xuvenil, cadete). Non se permitirá traxes de neopreno nin outros accesorios que axuden a flotación e só se pode levar gafas de natación. Haberá tres premios para a categoría masculina e feminina que van desde os 150 euros e diploma, 100 e 50 euros.

O máis singular da III Festa do Río e o concurso de tarecos. Son embarcacións caseiras feitas con materiais de refugallo. Os tripulantes de cada embarcación serán como mínimo dous e o ‘tareco’ cómpre que flote a unha distancia de alomenos 25 metros. Premiarase a orixinalidade e a flotabilidade. Está prohibido levar animais nas embarcacións participantes.

PROGRAMA
A xornada do sábado, día 2 de agosto, comeza o programa da III Festa do Río coa recepción de participantes do campionato de pesca e do concurso de pintura ás oito da mañá. Unha hora máis tarde iniciaranse estas dúas competicións.

Ás 9.30 celebrarase a proba da VI Copa Galega de Promoción de Slalom de piragüísmo.

Ás 11.00 inaugurase a Festa do Río e ten lugar a apertura de exposición e obradorios.

Contra as 13.00 horas, remata o concurso de pesca e unha hora máis tarde entréganse os premios deste concurso.

Ás 15.00 horas remata tamén o concurso de pintura.

Xa na xornada da tarde, ás 18.00 horas comeza a travesía a nado desde a ribeira portuguesa á ribeira española.

Contra as 20.00 horas entréganse os premios dos concursos de fotografía, pintura e travesía a nado. E media hora máis tarde terán lugar unha charlas con material audiovisual vinculadas aos ecosistemas fluviais. Os relatores van ser Manuel Ángel Pombal, responsable do grupo Neuroland, do departamento de Bioloxía Funcional da Universidade de Vigo; e Manuel Enrique García Blanco, ‘Garci’, biólogo mariño do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC de Bouzas.

A primeira xornada da III Festa do Río rematará co concerto do gaiteiro Xosé Manuel Budiño. Nacido en Vigo e residente na comarca do Morrazo, en Moaña, ten  catro discos publicados: “Paralaia” (1998), “Arredor” (2000), “Zume De Terra” (2004) e “Home” (2007). Budiño móstranos que a gaita pasou de ser un antigo instrumento celta a un instrumento alternativo no noso mundo musical. Con melodías ledas e cancións que realzan a tradición celta, Xosé Manuel Budiño, formado como gaiteiro na escola de gaitas Semente Nova de Moaña,  integrou a musica ao nivel mundial.

Xa o domingo 3 de agosto, abriranse os expositores ás 11.30 horas. E as 20.00 horas celebrarase o concurso de `Tarecos’. Durante toda a tarde, actuará a charanga OT.

Entry filed under: Salvaterra.

A Axencia de Sostibilidade de Covelo celebra unha xornada festiva con música, contacontos, recital lírico e proxeccións documentais As Neves celebrará a terceira edición da festa do Viño Tinto de Rubiós

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: