A Comunidade de Montes en Man Común de Tortoreos, As Neves, construirá un centro cultural

16/07/2008 at 18:27 Deixar un comentario

Dar un servizo de calidade aos veciños foi o propósito que se marcou a directiva da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tortoreos, As Neves, cando fai catro anos comezaron a traballar.
Agora veñen de renovar a directiva e aínda que manteñen a algúns dos membros tamén incorporan a xente nova. Deste xeito na asemblea xeral saíu electa a candidatura formada polo presidente, Fernando Pereira, a vicepresidenta, María Laura Álvarez; o secretario, Antonio Cándido Barros; a tesoureira, Carmen Groba; e os vocais, M.Eduardo Mariño, María del Pilar Álvarez e José Ramón Méndez.
Nestes días teñen aberta a matrícula para un curso gratuíto de  “Seguridade Viaria e Seguridade no traballo para conductores de maquinaria agricola e forestal”. O obxectivo desta campaña de medio Rural é formar aos traballadores para reducir a siniestralidade laboral no agroforestal. Nestes intres a matrícula segue aberta para tódolos veciños da comarca aínda que se lle dará prioridade aos residentes nas Neves.
A Comunidade de Montes de Tortoreos, con máis de 200 comuneiros, constituíuse no ano 1999 e, dende entón, ven loitando pola recuperación do patrinomino da parroquia.
Entre algnhas das obras que foron realizadas pola directiva destes últimos anos está a ampliación do torreiro de festas, o aparcadoiro no Rego, preto da igrexa, a praza das Victorias en Redondelo coa súa área de recreo, a cementación de pistas na Chan e nas Pías, os baños do cementerio, a restauración de multitude de fontes, a creación de disintas áreas de recreo e a instalación de bancos e papeleiras en moitos puntos da parroquia.
Ademais, colocaron uns dez taboleiros de anuncios pola parroquia para que os veciños se manteñan informados.
Durante estes anos teñen repoboado os montes tanto con especies autóctonas como con piñeiros.
Entre os proxectos nos que agora se atopan inmersos está a edificación da casa cultural de Tortoreos que está pendente da autorización do concello logo de obter o visto bo de Patrimonio. Este centro cultural de arquitectura moderna ubicarase na zona do Calvario.
No mes de setembro tamén comezarán a facer a área de recreo da Ponte dos Señores na que primará o respeto ao entorno para non alterar as beiras do regato.
Tamén andan as voltas coa creación dun roteiro histórico entre a pedra da Moura e as Covas da Moura no que o camiñante coñecerá os elementos históricos máis representativos da parroquia.
Para previr os incendios manteñen os montes limpos con continuos desbroces e informan aos veciños da normativa da Xunta de Galicia en materia de prevención de incendios forestais.
“Pedímoslle aos veciños que non se metan a limpar os montes con motoserras, tractores nin desbrozadoras nin ningunha outra maquinaria nesta tempada estival porque cunha pequena chispa poden prantar lume sen querer. Tamén lles pedimos que vaian ao monte sempre acompañados. A nosa comunidade de montes xa ten xente vixiando os montes e contamos coa colaboración de Medio Rural, os militares, a Garda Civil e o Seprona. Queremos evitar a toda costa que ardan máis montes porque a natureza é vida e diso temos que ser conscientes todos”

Entry filed under: As Neves.

O concello de Mondariz nomea a Luis Lage Outerelo fillo predilecto O concello de Covelo abre a piscina municipal logo dunha reforma integral

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: