Debrúzate descubre o castro de Troña no último roteiro da tempada

16/07/2008 at 18:14 Deixar un comentario

O pasado domingo 13 de Xullo ducias de persoas asistiron ao último Debrúzate da tempada, que descubriu o Castro de Troña.
Desta volta, a actividade contaba con novidades. Foi a primeira vez que os organizadores realizaban un monográfico, que contou, ademais, cunha charla introdutoria sobre o mundo castrexo en xeral e Troña en particular. Ademais, unha marcha en bici dende Mondariz Balneario acercou a varias persoas até o punto de partida.
Troña é un dos poboados castrexos destacados de Pontevedra, que é visitado, segundo datos da propio Concello, por máis de 6000 persoas cada ano. A pesar destes datos, até fai poucos días, a maleza invadía as murallas e as edificacións, dificultando enormemente calquera visita.
De feito, esta situación recóllena os turistas no libro de visitas do propio Castro, aludindo ao abandono e á falla de coidado do poboado.
Durante a mañá do pasado domingo, o arqueólogo Rafa Gutiérrez, socio de Adenco, acercounos ao mundo castrexo, descubríndonos o que se fixo en Troña nas diferentes etapas nas que se escavou, revelándonos a lenda do petroglifo da serpe de Troña e acercándonos ás escaleiras que nas pequenas rúas do Castro contan con máis de 2000 anos de historia.
A actividade rematou ao mediodía e o programa de roteiros Debrúzate voltará no Outono con outras visitas guiadas polas parroquias de Ponteareas que aínda quedan por visitar, conxugando sempre o patrimonio natural co cultural.
Os organizadores, Adenco, Galiza Nova e MZS convidan a participar a todos os veciños da comarca en vindeiros roteiros.

Entry filed under: Ponteareas.

Un ano máis grupos de teatro de toda Galiza participan en ‘Móstrate’ Mondariz Balneario acolle a exposición da obra gráfica na España contemporánea

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: