O concello de Covelo solicitará á Consellería de Traballo un obradoiro de emprego

16/07/2008 at 18:22 Deixar un comentario

A última comisión de goberno do concello de Covelo ven de aprobar a petición dun obradoiro de emprego á Consellería de Traballo.
Con este obradoiro de emprego, ademais de combater o desemprego e ofrecer formación, pretenden rehabilitar os muíños de Portafurado en Barciademera e dous antigos matadoiros de titularidade
municipal en Maceira e Covelo.
Grazas a este obradoiro de emprego tamén será posible o arranxo dun muíño na praia fluvial de Maceira, por debaixo do cámping.
Así mesmo, restaurarase un muíño do Camiño Real que vai dende Covelo ata A Ermida, segundo explica o concello.
Ademais, o grupo de goberno adianta que de concederse este obradoiro de emprego tamén poderán recuperar o devandito camiño Real. O concello prevé que para o mes de setembro comece a funcionar este obradoiro de emprego.

Entry filed under: Covelo.

Arbo celebra unha nova edición da festa da ‘Lamprea Seca’ O concello de Mondariz nomea a Luis Lage Outerelo fillo predilecto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: