Os regantes da Moscadeira denuncian o vertido de augas fecais ao rego do Camiño Real, en Ponteareas

17/07/2008 at 09:25 Deixar un comentario

Resto de podas, botellas de vidro, bolsas de plástico, augas fecais e mal cheiro son algunhas das características que presenta, na actualidade, o histórico Camiño Real de Ponteareas que vai dende Canedo á Moscadeira.
A Comunidade de Regantes da Moscadeira ven de denunciar no Seprona os vertidos de augas fecais ao rego do Camiño Real logo de reunirse varias veces co alcalde de Ponteareas ao longo dos últimos tres anos.
Estes regantes aseguran que están fartos de sufrir as consecuencias do abandono e do desinterese por manter vivo este camiño histórico que dende Bugarín chegaba a Canedo e logo A Moscadeira.
Ao longo dos anos e, incluso dos séculos, o Camiño Real víu alterado o seu percorrido chegando ao estado de esquecemento actual.
“Levamos anos pedindo que respeten non só a historia deste camiño senón tamén os dereitos dos regantes que, aínda que agora somos menos, seguimos a querer gozar do dereito de regar”, explican dende a Comunidade de Regantes da Moscadeira.
Case 200 regantes empregan a auga do rego que, segundo éstes, está afectada polo vertido de augas fecais.
“Agora que chega a calor o cheiro é insoportable. Parece mentira que o concello consinta esta situación. O camiño está cheo de silvas e xa que non respetaron o seu percorrido e que o pecharon en distintos puntos, o menos que debían facer agora é mantelo limpo nos poucos tramos que se conservan”. Ademais, estes regantes denuncian a existencia de alcantarillas sen tapas que constitúen un perigo para a seguridade dos peóns. Isto agrávase cando a maleza crece e oculta este perigo.
Así mesmo, recriminan aos empregados municipais que boten os restos de poda nas beiras do camiño.
“Non entendemos como poden dar esta imaxe de deterioro xusto aquí á beira da N-120, a carón dun supermercado e dunha farmacia e á entrada da vila. O único que pedimos é que deixen de verter augas residuais ao rego e que desbrocen o camiño para que calquera veciño poida pasar”, aclaran os regantes da Moscadeira.

Entry filed under: Ponteareas.

A CIG acusa ao alcalde de Mondariz de retirar parte do salario aos empregados das oficinas Entrevista á concelleira socialista María Jesús Garrote

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: