Os veciños da Cillarga esixen ao concello de Ponteareas unha solución á canteira

17/07/2008 at 11:04 Deixar un comentario

O vicepresidente da asociación de vecios Avecilla, Roberto Suárez, asegura que o expediente da canteira da Cillarga atópase paralizado cautelarmente grazas á Consellería de Innovación e Industria que dirixe o nacionalista Fernando Blanco, “que de maneira axil e eficaz en abril dictou dita paralización en base a informes de patrimonio a espera de que o concello de Ponteareas e a Consellería de Medioambiente dependente do PSOE emitan novos informes que garantan que se lle poda retirar definitivamente a licenza á empresa propietaria da explotación mineira”.
Segundo Suárez no pasado mes de maio, o BNG levou unha iniciativa ao pleno da corporación solicitando a revisión da licenza e o Partido Popular votou en contra.

“Pasaron tres meses dende que a Consellería de Innovación e Industria remitíu o informe ao concello e á Consellería de Medioambiente e ningunha das dúas administracións deu resposta algunha”.

Roberto Suárez afirma que os veciños da Cillarga aseguran que o goberno do Partido Popular actuou á espaldas dos veciños da parroquia pois “non se lles deu audiencia como parte interesada cando se estaba tramitando a licenza, como así demostraron no pleno da Corporación votando en contra da revisión da licenza”.
Súárez engade que os veciños de Ribadetea non porden entender por que razón o Partido Popular e o alcalde, Salvador González Solla, “protexen ao empresario en perxuízo do barrio de Cillarga e non queremos pensar en ningún tipo de favoritismo”.

Así mesmo, o vicepresidente da Avecilla engade que un informe da Policía Autonómica de abril de 2008 dí que no expediente hai moitas irregularidades que fan indicar “que a licenza non se axusta á legalidade”.
O vicepresidente remata advertindo que non descartan levar o tema á fiscalía se o concello non actúa.

Entry filed under: Ponteareas.

‘En épocas de crise todos volven para interesarse polas terras herdadas’ Gabriel Martínez pregunta sobre o atraso na execución do polígono industrial do Covelo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: