Chega o FestiVal á praia do Val en Mondariz

21/07/2008 at 08:58 Deixar un comentario

O vindeiro 1 de agosto a praia do Val, en Mondariz, acollerá o FestiVal 08, que este ano contará coas actuacións de DjSanti, DjManuel.pulido e Djkike.garcia versus Djjorge.ak.aleman.
10.000 w de son e moita música son os ingredientes deste festival que chega cheo de agasallos e sorpresas. As gogos serán as encargadas de por ritmo a esta noite de música house con instrumentos en vivo.
Ademais, o FestiVal complétase coa I Xornada de Extremsport os día 2 e 3 de agosto nos que haberá un campionato de fútbol sala con premios que van dende os 500 euros do gañador aos 100 euros do terceiro clasificado. Tamén haberá premios á deportividade, ao menos goleado e ao máis goleador, entre outros moitos premios.
Todos aqueles que desexen participar nesta I Xornada de Extremsports poderán xogar ao paintball ou ao tenis. Tamén haberá tempo para facer sendeirismo, ping-pong, bádminton, piragüismo ou raffting.
Para máis información deberán contactar coa Oficina de Información Xuvenil de Mondariz no teléfono 986 656 058.

Entry filed under: Mondariz.

O BNG revela que Solla e Castro non solicitaron Galescola nin Centro de Día para Ponteareas nos últimos tres anos Algúns veciños de Guillade denuncian o peche da Axencia de Lectura

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: