O BNG pide á subdelegación do Goberno que inste ao concello de Mondariz a democratizar o rueiro

21/07/2008 at 08:21 Deixar un comentario

O BNG pide á Subdelegación do Goberno que inste ao Concello de Mondariz a democratizar o rueiro. Segundo o BNG as principais rúas do concello de Mondariz seguen a manter no seu rueiro oficial nomes franquistas e preconstitucionais, o que supón un “incumprimento flagrante e manifesto do establecido no art. 15 da Lei 52/2007, de 26 de decembro, coñecida popularmente como Lei da Memoria Histórica”. Apuntan os nacionalistas que este artigo establece literalmente que: “As Administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura”.

O grupo municipal do BNG solicitou infructuosamente en distintas ocasións ante o Pleno ao longo dos últimos 10 anos a democratización do rueiro municipal, erradicando de vez a nomenclatura franquista e preconstitucional. “O PP sempre votou en contra desta iniciativa. Os nacionalistas, no momento de elixir o novo nomenclator que ha substituír ao actual, avogan por priorizar, en primeiro lugar, os nomes tradicionais e populares antes de ningún outro”, explica Xoán Carlos Montes Bugarín, portavoz municipal do BNG.

Por todo isto o grupo municipal do BNG vén de remitir un escrito á Subdelegación do Goberno en Pontevedra solicitándolle que inste ao alcalde de Mondariz a dar cumprimento, dunha vez por todas, á Lei 52/2007, de 26 de decembro pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura (BOE nº 310 do 27 de decembro de 2007), concretamente o establecido no seu art. 15, suprimindo do rueiro oficial os nomes do Generalísimo Franco e José Antonio Primo de Ribera.

Entry filed under: Mondariz.

A asemblea comarcal de Causa Galiza chama a participar dos seus actos no día da Patria O PSdeG-PSOE de Ponteareas denuncia o ‘abandono municipal do premio Fermín Bouza Brey’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: