O PSdeG-PSOE de Ponteareas denuncia o ‘abandono municipal do premio Fermín Bouza Brey’

21/07/2008 at 08:40 Deixar un comentario

O voceiro socialista de Ponteareas, Francisco Candeira, pedíu a comparecencia do concelleiro de cultura para que explique porqué desde o ano 2006 non se convoca o premio Bouza Brey, nin se publica o número anunciado da  revista SOBEROSUM.
En novembro do ano 2000 o  Grupo Municipal Socialista presentou unha moción que propoñía   a creación do premio Fermín Bouza Brey para traballos de investigación  no eido da historia, a etnografía, etc… relacionados preferentemente con Ponteareas e o Condado. Froito deste acordo téñense concedido diferentes premios a obras que levan contribuído á recuperación e coñecemento da realidade pasada, e da creatividade colectiva.

Para o PSOE o  premio de investigación Fermín Bouza Brey  encarna e cualifica a medida en que o Concello de Ponteareas  se ocupa de fomentar a investigación sobre a realidade cultural, etnográfica e  histórica. “Se o Goberno local renuncia  a continuar impulsando e convocando este evento, está renunciando  a un dos seus papeis máis importantes na nosa sociedade: o de liderar a defensa e o fomento do coñecemento da nosa realidade como comunidade”.

Así mesmo o PSOE explica que,logo da concesión do premio do ano 2006 polo traballo referido ás mulleres represaliadas durante o franquismo, o goberno municipal deixou de convocalo, sen previo aviso e sen dar ningún tipo de explicacións, tal vez   a raíz dos problemas que xurdiron coa gañadora que tardou  arredor de ano e medio en cobrar os 2500 € que lle corresponderon.

Por outra banda, os socialistas engaden que a revista especializada SOBEROSUM, cun alto potencial difusor da cultura e da  erudición, naceu en 1992 baixo o pulo do exdirector  da Biblioteca, Arquivo e Museo municipais, Rafael Sánchez Bargiela. “Porén,  manten unha vida errática e soamente se levan publicado ata o día de hoxe dous números. Durante a primeira metade do ano 2007 o departamento de cultura solicitou a diversos autores a entrega, antes do verán,  de traballos  orixinais para publicar na revista. Pero máis dun ano despois o número anunciado non foi publicado dando  a entender o escaso interese  que este departamento municipal ten pola investigación e difusión da cultura propia”.

Ademais, outra publicación  emblemática que mantiña un fío de comunicación cos nosos emigrantes polo mundo, LONXE DA TERRIÑA,  creada polo que foi párroco  de Ponteareas, don Enrique Rodríguez Troncoso, pasou a depender do concello logo do pasamento do seu creador. “Desde entón publicouse algún número e a continuación caeu no esquecemento sen que se procurase, de modo efectivo, reemprazala por outro medio que cumpra unha  misión equivalente”.

Segundo os socialistas estes feitos amosan o desinterese do goberno do concello de Ponteareas polo fomento da investigación e difusión  da nosa propia realidade social, histórica, etnográfica e creativa.  O Partido Socialista de Galicia, preocupado pola falla de iniciativa e de impulso a este tipo de cultura que está amosando o PP, solicitou a comparecencia do concelleiro de cultura para que dea conta das razóns polo que o Premio de Investigación Fermín Bouza Brey non foi convocado os anos 2007 nin 2008. Ademais, o PSOE pediralle ao concelleiro que faga unha avaliación do desenvolvemento de dito premio desde a súa aprobación como tal polo Pleno da Corporación. Os socialistas tamén pedirán a Andrés Sampedro que adiante a súa previsión respecto a continuidade e regularidade de convocatoria do Premio de Investigación Fermín Bouza Brey e que explique as razóns da non publicación do número anunciado para 2007 da revista SOBEROSUM, e actitude verbo da súa continuidade.
“Tamén esixiremos que nos facilite o programa da súa concellería en canto ó fomento da investigación  na cultura, etnografía, historia, literatura, etc,  en Ponteareas e o Condado; así como a titularidade legal actual  da revista LONXE DA TERRIÑA. Intencións do Concello verbo da mesma e programa desa concellería no referente á comunicación cultural e humana coas comunidades de ponteareáns/ás  emigrantes en todo o mundo”.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG pide á subdelegación do Goberno que inste ao concello de Mondariz a democratizar o rueiro O BNG revela que Solla e Castro non solicitaron Galescola nin Centro de Día para Ponteareas nos últimos tres anos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: