A parroquia de Valeixe celebra as festas de Santa Cristina esta fin de semana

24/07/2008 at 08:36 Deixar un comentario

A parroquia de Valeixe celebra esta fin de semana as súas festas patronais, nas que colabora o concello e a Deputación de Pontevedra.

PROGRAMA DA FESTA DE SANTA CRISTINA EN VALEIXE


Sábado 26 Xullo: -Celebración da festa de Santa Cristina en Valeixe (A Cañiza).
-XVII Xuntanza do Folklore organizada pola Asociación Cultural e Deportiva de Santa Cristina de Valeixe
-Ás 11 horas recepción das imaxes das distintas parroquias de Valeixe na Igrexa Parroquial.
-Ás 12 horas Misa solemne cantada polo Coro de Santa Cristina de Valeixe, de seguido procesión acompañada polos grupos folklóricos: Grupo de Danças e Cantares de Ponte de Lima (Portugal); Grupo de Danças e Cantares de Monçao (Portugal); Banda de gaitas Tremiñado de Ponteareas; Grupo de baile e Pandereteiras Castro Mao de Mondariz e a Asociación Cultural e Deportiva Santa Cristina de Valeixe
-Ás 14 horas: Xantar ofrecido pola Asociación.
-Ás 17.30 horas desfile dos grupos folklóricos
-Ás 18 horas actuación de tódolos grupos.

Ademais o domingo 27 xullo A Franqueira celebra a 8ª festa homenaxe ós maiores.Ás 13 horas será a Misa no Santuario da Franqueira e de seguido será o xantar na área recreativa con festa, sorteos e xogos.

O sábado 9 agosto, A Franqueira celebrará ás 18 horas unha misa para, de seguido, ir camiñando en peregrinación ó Vía Crucis da Paradanta e ao Coto da Vella (lugar donde unha velliña atopou a imaxe da Virxe da Franqueira). A chegada ao Coto da Vella cantarase unha Salve.

Entry filed under: A cañiza.

A concellería de Servizos Sociais de Ponteareas e o Centro de Información á Muller celebran a festa dos emigrantes Esquerda Unida denuncia ante a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil os vertidos incontrolados ao río Tea en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: