A parroquia de Corzáns, en Salvaterra, inaugurou a reforma da capela do Carme

28/07/2008 at 09:49 Deixar un comentario

A parroquia de Corzáns, en Salvaterra de Miño, restaurou a súa capela do Carme, cun orzamento de 75.000 euros compartido entre Concello de Salvaterra, Bispado de Tui-Vigo e a parroquia de Corzáns. Deste xeito, mellorouse a cuberta e o artesonado da capela así como o solo e a entrada. Ademais, enfoscouse tanto o interior coma o exterior dos muros de pedra. O alcalde de barrio, José Fernández Rodríguez, amosou o seu agradecemento a todas as institucións que fixeron posible este arranxo.

Á inauguración asistíu o bispo de Tui-Vigo, José Diéguez Reboredo, que celebrou a santa Misa e ademais deu a primeira comuñón a catro nenos da parroquia. O proxecto da obra foi de Ramiro Lamas.  O párraco, Jesús Carrero Pérez, estaba tamén orgulloso da obra rematada.

Ademáis da primeira teniente de alcalde, Marta Vacárcel, estaban os concelleiros Manuel Andrés, Francisco Cabaleiro, Jesús Fernández, Ernesto Groba e a concelleira María José Méndez Núñez. Valcárcel afirmou que “o concello está a apostar forte polo noso patrimonio porque é parte da nosa historia, de todos nós. E que sexa unha herdanza que lles deixamos aos nosos fillos”.

Os actos de celebración consistiron na bendición da capela restaurada e a celebración da santa Misa. Ao remate destes actos houbo un viño e uns pinchos para todos os veciños.

Entry filed under: Salvaterra.

O PSOE de Crecente denuncia o estado de abandono da Ponte Ribadil O PSOE de Crecente solicita ao concello que limpe e analice a auga das fontes públicas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: