O alcalde de Salvaterra asegura se construirá unha depuradora na PLISAN que recollerá os residuos de cinco parroquias

28/07/2008 at 09:23 Deixar un comentario

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, replica ao portavoz do PSOE que non houbo “deixadez” nin “pasividade” do goberno municipal no tema do saneamento das parroquias que limitan coa Plisan. O alcalde asegura que realizou distintas xestións nos últimos meses. 

“O colector do río Mendo, que comprendería o saneamento das parroquias de Fiolledo, Meder, Leirado, Corzáns e Soutolobre, no proxecto existente estaba prevista a conexión do colector da Plisan, con proxecto redactado, cunha tuberia ata a depuradora de Guillarei”, explica Arturo Grandal.

O alcalde explica que Xestur últimamente desistíu en que o saneamento da Plisan fora a Guillarei e decidíu construir unha depuradora propia dentro da Plisan. Por iso, Grandal reuniuse dúas veces con representantes de Xestur e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo onde lles fixo chegar que de manterse na decisión da construción da depuradora esta tiña que absorber os residuos das parroquias antes citadas incluíndo a de Oleiros. “O representante de Xestur manifestou o seu consentimento por tratarse dunha depuradora de grandes dimensións que non tería dificultades para acoller os residuos destas parroquias”.

Entry filed under: Salvaterra.

O BNG de Ponteareas recomenda a Castro que ‘recapacite e pida a galescola e o centro de día a Vicepresidencia’ O PSOE de Crecente denuncia o estado de abandono da Ponte Ribadil

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: