O PSOE de Crecente solicita ao concello que limpe e analice a auga das fontes públicas

28/07/2008 at 10:06 1 comentario

O PSOE de Crecente solicitará no vindeiro pleno do día 31 de xullo que o concello analice con frecuencia a auga das fontes públicas e que proceda a súa limpeza e conservación.
“Unha das cousas máis fundamentais da vida é a auga; polo tanto, as fontes que son un patrimonio que herdamos dos nosos antepasados deben conservarse para deixalas nas mellores condicións ás xeracións vindeiras”, explican os socialistas.

Os socialistas recoñecen que a perda de poboación no rural e o abandono das terras de cultivo provocou o esquecemento das fontes, atopándose moitas cubertas de silvas e inaccesibles. “Como estamos seguras de que a auga e as fontes nunca pasarán de moda solicita ao concello que acometa urxentemente un plan de análise frecuente da agua das fontes públicas, así como a limpeza do entorno das fontes, en especial de todas aquelas que se atopan ao carón das estradas e pistas para que tanto veciños como visitantes poidan beber auga cunhas mínimas garantías sanitarias”.
O PSOE considera que é unha obriga do concello acometer estes traballos xa que todos os veciños e visitantes sairían gañando.
“Debemos intentar que este pobo non sexa nova como o foi o de Lugo semanas atrás donde os veciños resultaron intoxicados coa auga dunha fonte”.

Entry filed under: Crecente.

A parroquia de Corzáns, en Salvaterra, inaugurou a reforma da capela do Carme Voluntarios de Adenco denuncian a contaminación do Río Tea durante a Festa do Bacallao en Ponteareas

1 comentario Add your own

  • 1. Benigno  |  09/09/2008 ás 19:34

    A Asociación Cultural O Garabano ,en Crecente, organiza o vindeiro Venres 12 de Setembro as 20:00 h unha charla sobre o Sistema Galego De Benestar.
    Sera presentada polo delegado provincial da Conselleria de igualdade e benestar,e impartida por un tecnico da dita conselleria.

    O acto tera lugar no Auditorio de Crecente.

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: