O arquivo de imaxes da AAVV Santiago de Prado da Canda, Covelo, mostra unha parte do seu fondo de imaxes nunha exposición

29/07/2008 at 07:57 Deixar un comentario

O vindeiro domingo día 10 de agosto, o arquivo de imaxes da Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda, Covelo, dará a coñecer unha boa parte dos seus fondos cunha exposición que terá lugar na Casa da Obra de Prado da Canda. Pola mañá estará aberta de 11.00 a 13:00 horas e pola tarde de 18:00 a 20:00 horas.
As fotos son doadas polos veciños. A organización explica que despois dunha selección previa son dixitalizadas. Logo procédese a acondicionalas como por exemplo, a recuperación do contraste orixinal, e en moitos casos son restauradas. Moitos orixinais datan de mediados do século pasado.
A AAVV Santiago de Prado da Canda tenta identificar ás persoas retratadas e o lugar onde foi tomada a imaxe, ademais de procurar tamén saber cando foi realizada a fotografía. Os orixinais son devoltos aos propietarios.
Os criterios para a selección das fotos son a súa antiguedade e a integración nas imaxes do paisaxe da parroquia. Esta exposición pretende dar a coñecer unha parte do arquivo de imaxes que a Asociación de Veciños pretende recuperar. As fotografías expostas son só unha mostra dos recordos que moitos veciños conservan como era a roupa, os camiños ou quen foi á danza de Prado da Canda.
“De seguro que tamén estas imaxes traen á memoria aquelas persoas que xa non están entre nos. Nesta exposición cumpre resaltar dúas imaxes panorámicas das parroquias veciñas de Paraños e A Lamosa”.
A Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda pretende actualizar o arquivo de imaxes coa apartación e colaboración de tódolos veciños e veciñas co fin de recuperar e conservar unha memoria colectiva da parroquia.

Entry filed under: Covelo.

A feira pola Sostibilidade no Covelo encheu a Praza do Mestre Cerviño A romería de Santa Marta de Ribarteme, nas Neves, congrega a milleiros de fieis, devotos e curiosos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: